Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

España quedouse sen cadeira coa chegada do PP. Oficialmente o PP o achacó á mala situación económica do país, ao bordo do rescate, que lle fixo perder a forza negociadora necesaria para seguir.Pero nos corredores de Bruxelas, a historia que se conta é completamente distinta: o candidato español que tiña xa o acordo para ocupar esa cadeira, José Manuel Campa (proposto polo anterior goberno socialista), foi relevado por parte do Goberno de Rajoy como candidato, optando o PP por Antonio Sáenz de Vicuña, que non foi considerado apto para o posto. Foi o cambio de candidato, ás carreiras e correndo, para evitar que un socialista ocupase a cadeira, o que deixou a España fose do BCE durante 6 anos. Esta desastrosa xestión deixou a España sen cadeira no momento máis complicado da recesión do país, no período onde o BCE tivo que adoptar as chamadas medidas non-convencionais de política monetaria, o momento máis crucial da historia do BCE. Sen cadeira por puro sectarismo do PP.

 

DEREITOS CIVIS

 

  Unha cidadán, Adela F.,  acode a unha oficina da Xunta facer oficina da Xunta facer un trámite, néganse a atendela en galego, con mofa e menosprezo, recalcándolle, por si non se enterou, que o fan porque  non lles da a gana. O que non se enterou esta xente é que como funcionarios son empregados dos administrados, o posto que desempeñan non é propiedade súa. E os comportamentos vexatorios están penados. Esta prepotencia e desprezo é propia doutra época. O galego é lingua oficial na autonomía, quen non queira facelo, polas súas ideas políticas, que se vai pra casa          

 

FALADE

FALADE

 

 

  Os xubilados tomaron as rúas. Un colectivo tan manso e servil ó poder xa non quere selo mais. O PP asustase, parece que non bastante, e quere falar no Congreso. Non é tempo de falar, senón de dar solucións. Pra falar tiveron mais dun ano, un ano no que bloquearon tódalas propostas, entre a Bañez e a Villalobos, con desprezos e burlas. Di Rajoy que el quere subilas pensións pero que non pode. Si puido rescata-las autopistas, facerlles regalos ás eléctricas, a Florentino, rebaixar impostos ós ricos, favorece-lo fraude fiscal, etc. hai diñeiro pra armamento, pra airexa, pra monarquía, pero non  pras pensións. Non solo hai que revaloriza-las pensións, tamén hai que garanti-lo seu futuro, por iso a loita é tamén dos que aínda non son pensionistas. O PP e CIUDADANOS son antisociais e queren elimina-las pensións públicas. Malditos sexan eles e os que lles seguen o xogo.                                                      

O DITO

 

 

  Hai 9.000.000 de pensionistas, un caladoiro de votos do PP; malia o maltrato das pensións,  unha gran parte sos pensionistas vota ó PP, faga o que faga. A dedución lóxica da razón deste comportame5nto é pensar que esa xente ten algún problema; o que parece confirmalo as declaracións de Fátima Bañez, segundo ela, as pensións subiron co  goberno do PP, un 18%. Outra pepera di que é un grupo de privilexiados. A guinda púxoa Montorop, prometendo reducir o IRPF a determinados xubilados, non dixo a cales. Tendo en conta que un 63% non paga IRPF, porque non alcanza o mínimo. Confirma que consideran o colectivo de xubilados que lles vota , un grupo de discapacitados, pero o mellor equivócanse

CO NOSO DIÑEIRO

CO NOSO DIÑEIRO

 

 

  64.000 millóns de euros de rescate bancario, do que nopn devolveron nada. 3.000 millóns pras eléctricas. 47.000 millóns de corrupción do PP. 1.600 millóns pra Florentino polo proxecto CASTOR. 6.000 millóns pra rescate de autopistas. 11.000 millóns de financiación directa a airexa, mais as exencións fiscais, 85.000 millóns de fraude fiscal, mais unha monarquía, e non hai diñeiro  pra pensións. Malditos sexais

NON CADRA

NON CADRA

 

 

  Galiza parece ser un paraíso. O paro reducido, grazas a emigración e a baixa natalidade; todo mérito de Feijóo. Si se for6on mais de trescentas empresas a culpa tampouco é súa,  igual que os incendios; todo estaba ben planificado, solo que non choveu, e se alguén  morreu foi porque se meteu no lume. Mais o seu gran logro foi a desaparición do galego na xuventude nas zonas urbáns.                                                                                                                                             

O PEOR

O PEOR

      Tiña moita competencia no goberno de Rajoy, pero O FINANCIAL TIMES dixo del que era o peor Ministro. Aí está de subdirector do BCE. Como é posible, moi doado, a CCE non é  unha comunidade de cidadáns, senón intereses, e DE GUINDOS foi un fidel servidor, e seguirao sendo. O pago ó seu servizo sei s veces o que gañaba como Ministro. Mariano apoiará ó candidato de Merkel

    DEPENDE

    DEPENDE

     

     

         Baixar a idade de votar, equiparandoa a idade penal, non parece un disparate; despois de ver como os pensionistas lle vota os seus verdugos. Ó mellor habería que ter un carnet de votación, que se obtería por eximen,  

    MUDANZA

    MUDANZA

     

     Vivía nunha casa unha familia. Un día deron unha gran festa, con moitos convidados. A un convidado deulle un aperto pra ir ó water, había cola e non podía agardar, así que fixo as súas necesidades nun gra maceta que había no pasillo.  A familia optou por mudarse de casa, ante o insoportable  cheiro.  Levaron tódolos enseres, incluído o maceteiro. Loxicamente o cheiro seguiu. Hai un crecente fuga de militantes do PP hacia CIUDADANOS. Con eles tamén  irá a corrupción, levarán a maceta

    UNHA BROMA

    UNHA BROMA

     

      Rajoy e Fátima recomendan que a xente faga  plan de pensións privados. Parece unha broma que lles digan a eses trece millóns de pobres que se fagan un plan privado de pensións, cando a maioría nin sequera pode chegar a fin de mes. Parece claro que no futuro vindeiro haberá dúas clases sociais moi diferenciadas. Unha moi pobre e outra aomodada. As pensións son hoxe o que mantén a cohexión social, cando estas fallen haberá un problema, porque as novas xeracións non está acostumadas á loita, nin as privacións    

     

     

    DÚ AS CABEZAS

    DÚ AS CABEZAS

     

     Ó franquismo saíronlle dúas cabezas. Ó clásico PP únese Ciudadanos un híbrido que disputa a financiación e a extrema dereita ó PP, así como o espazo social. O PP é o franquismo ideolóxico e sociolóxico, Ciudadanos, de momento é solo franquismo ideolóxico, un lobo disfrazado de ovella que aspira substituír ó PP. No PP sábeno; de aí o seu nerviosismo. Quen non parece darse conta son os votantes, cando se dean conta será tarde i estaremos noutra noite

    NON ENTENDO

    NON ENTENDO

     

      Si o PP é tan corrupto, por qué  lle vota?. Será porque rescata bancos, aeroportos se avións, autopistas, financia eléctricas Airexa, Monarquía, etc; pero non ten pra pensións, sanidade etc. debemos velo como a divina xustiza, ou que hai moitos descerebrados, pero  aí ve Ciudans pra poñe-la guinda                          

     

    TEATRO

    TEATRO

     

     

       Feijóo montouse unha obra de teatro á conta da financiación, pra consumo dos seus seareiros, pero que avergonza a calquera galego normal-, xa que é coñecida a actuación de Feijóo na defensa dos intereses galegos en Madrid. Cando vai á capital actúa como un cadeliño, move o rabo e namais  

    ALGO EVIDENTE

    ALGO EVIDENTE

     

       Falaba Oubiña que os narcotraficantes financiaban ó PP. Vendo as amizades de Feijóo con Marcial Dorado e as fotos de Rajoy nun barco dun contrabandista, resulta fora de toda dúbida. A moral era verde e comeuna un burro  

    PERIGOSO

    PERIGOSO

     

        A manifestación pola sanidade publica foi unha mostra esperanzadora de que este pobo aínda  está vivo. Os peperos, como era de esperar, restáronlle importancia e falaron de que estes actos desprestixian a Sanidade Pública. Eles si que a desprestixian, quitándolle recursos. Din que dedican  mais diñeiro a Sanidade. Si á privada; na pública reduciron o persoal, cerraron prantas enteiras e baixaron ostensiblemente o número de intervencións. Algúns profesionais  da publica actúan como troianos dentro do sistema. Debía estar prohibido simultánear o público e o  privado. As intervencións na privada  sáenlle ó SERGAS  un 70% mais caras, pero eles  veinno como un negocioA utilización de instrumental de    hospitais públicos en clínicas privas ten que ser penalmernte perseguido  

    O PARTO DOS MONTES

    O PARTO DOS MONTES

      

     A UE obriga a España a  deroga-lo imposto ó sol e eliminar tódalas trabas ás enerxías limpas. Foi un acordo ó que solo se opuxo o PP español; con todo aínda lle dan un alento ó poderoso  lobby eléctrico; o acordo non será inmediatamente executivo, co que poderá seguir roubando a dispoñendo dun  sistema de contaxe o seu antollo. En España a política enerxética é deseñada polas eléctricas, o PP solo pon o cazo, pero non é o único partido, as eléctricas son o retiro dourado de políticos corruptos, dese xeito garántense unha política favorable ós seus intereses 

    A SENDA

    A SENDA

     

     

     Unha recente enquisa sitúa a Ciudadanos como segunda forza. Un partido que foi creado pra substituír  a un PP en  descomposición asoma as orellas. Xente do PP xa garda cola. O electorado, despois de 40 anos de domesticación, vota ó verdugo  

    EVOLUCIÓN

      Graficamente, a evolución da dereita, sen cambiar    nada

    O LINAXE

    O LINAXE

     

      A dereita española, que en nada se parece a doutros países, evolucionou ó longo do tempo pra adaptarse ás circunstancias `pero sin variar o métodos. Roubo e  corrupción  foron sempre a súa divisa. Primeiro roubaron os bens dos republicanos e dos non afectos ó réxime ‘así como   dos que se lles antollaba; logo  o público- o BOE é  un vehículo no que se rexistran grandes roubos, pero non o único. O PP xa  está tan podrido que pode caer,  pero xa sacaron ó sustituto. Ciuidanos é a solución