Facebook Twitter Google +1     Admin

TACTICAS

20090730104007-ajedrez-bustos-medievales079-2095gr.jpg

           Cando foi da guerra civil española, a lexión cóndor, ensaiou  en Guernica un sistema de bombardeo aéreo, que logo os nazis utilizarían durante a segunda guerra mundial.

         O PP está ensaiando en Galicia unha nova táctica electoral, imaxínome que pergueñada na súa  factoría de ideas,  coa que pretende gañar, con trucos sucios, e o mesmo tempo crear un estado ideolóxico co que   agochar as súas falcatruadas, e desamar á pobo de calquera idea, simboloxía, xeito diferenciado de ser ou de pensar, que o poidan apartar do pensamento único.

         Aínda que non esteamos por eses xogos,  temos que admitir que nos meteron na partida,  e temos que ver de saír vivos dela, alguén se xoga moito e ensarillaranos coas súas malas artes.

          O revisionismo de tódolos actos do anterior goberno ten unha finalidade política, que vai mais aló do revanchismo; o obxectivo último é deslexitimar o anterior goberno e deixalo como un goberno inútil diante dos electores, si é preciso ir contra os propios actos, vaise, como é o caso dos Audis, que lle atribuíu a compra o bipartito, cando en realidade os mercara Feijoo, pero a verdade, neste e  noutros casos, é a primeira víctima.

          Agora comprendo porque aquela obsesión de Feijoo de saber con que presuposto contaba cada Consellería; non era para gobernar, porque aínda non fixo nada despois de cen días de goberno, era para saber con canto dispoñía para idennizar pola anulación de contratos firmes, e para as operacións de propaganda.

          Noutros episodios, tristemente famosos, como 11M, utilizaron tódolos medios de propaganda, escritos, visuais, sonoros, manipulación de asociacións, etc, pra inculpar a outros, hasta que os Tribunais  de Xustiza lles desmontaron, un a un, o tinglado.

          Por poñer un exemplo das súas manipulacións, os dependentes, os que usou na campaña electoral, tenos esquecidos, e non protestan, os opositores, os que lles cambiou as regras do xogo, en pleno partido, tampouco, etc, etc.

         !Hai que ver o que fan uns medios de comunicación ben usados e engraxados!

30/07/2009 10:40 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: Barcala

Que bo artigo!!! Moi ben escrito, si señor.

Fecha: 30/07/2009 10:59.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris