TACTICAS
Cando foi da guerra civil española, a lexión cóndor, ensaiou en Guernica un sistema de bombardeo aéreo, que logo os nazis utilizarían durante a segunda guerra mundial.
O PP está ensaiando en Galicia unha nova táctica electoral, imaxínome que pergueñada na súa factoría de ideas, coa que pretende gañar, con trucos sucios, e o mesmo tempo crear un estado ideolóxico co que agochar as súas falcatruadas, e desamar á pobo de calquera idea, simboloxía, xeito diferenciado de ser ou de pensar, que o poidan apartar do pensamento único.
Aínda que non esteamos por eses xogos, temos que admitir que nos meteron na partida, e temos que ver de saír vivos dela, alguén se xoga moito e ensarillaranos coas súas malas artes.
O revisionismo de tódolos actos do anterior goberno ten unha finalidade política, que vai mais aló do revanchismo; o obxectivo último é deslexitimar o anterior goberno e deixalo como un goberno inútil diante dos electores, si é preciso ir contra os propios actos, vaise, como é o caso dos Audis, que lle atribuíu a compra o bipartito, cando en realidade os mercara Feijoo, pero a verdade, neste e noutros casos, é a primeira víctima.
Agora comprendo porque aquela obsesión de Feijoo de saber con que presuposto contaba cada Consellería; non era para gobernar, porque aínda non fixo nada despois de cen días de goberno, era para saber con canto dispoñía para idennizar pola anulación de contratos firmes, e para as operacións de propaganda.
Noutros episodios, tristemente famosos, como 11M, utilizaron tódolos medios de propaganda, escritos, visuais, sonoros, manipulación de asociacións, etc, pra inculpar a outros, hasta que os Tribunais de Xustiza lles desmontaron, un a un, o tinglado.
Por poñer un exemplo das súas manipulacións, os dependentes, os que usou na campaña electoral, tenos esquecidos, e non protestan, os opositores, os que lles cambiou as regras do xogo, en pleno partido, tampouco, etc, etc.
!Hai que ver o que fan uns medios de comunicación ben usados e engraxados!
1 comentario
Barcala -