NIN INDEPENDENCIA NIN ETICA
Cando estamos no camiño de conseguir unha financiación da comunidade Autónoma, acorde coas nosas necesidades, a praxes diaria ven de quitarnos calquera argumento, se é que tíñamos algún, pra negociar. A Xunta, no reparto de ese limitado plan pra osixenar economicamente os concellos, fixo gala do seu clientelismo e varreu pra casa. Tódolos concellos financiados son do PP, agás dous do PSOE, ningún do BNG. Eso pódese chamar calquera cousa, menos gobernar.
Vistos os feitos, a ética dos gobernantes autonómicos era verde e comeuna un burro.
Si damos unha volta po-lo mundo que nos rodea, podemos ver de todo e non comprendemos o por qué da variada fauna.
O malo non é ser flipados ou bonsais, o malo é cando perdes a conciencia e ves o monte como se todo fora ourego, perdendo o contacto coa realidade e creando unha realidade nova a libitum dun grupo de presión, ou cando non se chega nin o tamaño dun bonsai, porque se é mais anano, ó menos mentalmente.
Hai quen foi criado como os porcos de recebo todo o tiña na bacía e nunca fixo mais esforzo que comer; esa xente é allea ós problemas mundanos, porque vive, e sempre viviu nun mundo feliz.
Nos dou casos, non van acumular mais que fracasos; pero eles nunca perden, quen imos a perde somos nos.
Cando as decisións que poidan tomar os políticos xa están hipotecadas, os resultados están cantados; senón que llo pregunten ós que fan enquisas pra dar base a decisión que xa teñen tomadas; se é malo apoiarse e grepuscos minoritarios ou marxinais pra ir en contra dunha maioría, non ter criterio é aínda peor; si xuntamos as dúas xa o despiporre, porque nos falta a ética e a independencia.
0 comentarios