OS VINGADORES
Non é unha serie de televisión, é o que parece un goberno de opereta, que di atopar baixo da alfombra mortos, falcatruadas, etc. do goberno que lles precedeu. Deica agora, e xa pasou tempo, dedicáronse a remexer polos caixóns, polas gabetas, debaixo das alfombras, nos rochos; e demais lugares que se lles ocorren, na procura de lixo. Si tanto lixo hai, só hai un camiño: o xulgado que para iso está; pero claro o parecer envorcarse na merda, aínda que sexa en merda imaxinaria, e un xeito de espiollarse.
Falou o Conselleiro da Presidencia; segundo el, o seu antecesor Méndez Romeo, do PSOEdeG, mercou coches para Axencia Galega de Emerxencias, que están na Academia Galega de Policía, tamén un equipo informático. O problema é que segundo este persoeiro, cun bo currículo, (por certo, aínda non hai unha sede fixa para a Axencia Galega de Emerxencias) o que se proxectaba facer non é do seu gusto; polo tanto non se deberan mercar coches, nin medios informáticos, a menos que fora a persoeiros do PPdegE.
Noutras Comunidades Autónomas, e no mesmo estado, hai uns vehículos específicos para este mester; non é un invento galego; pero o que parecería aconsellable, dedúcese, é que Méndez Romeo debera leva-los coches para a súa casa ó rematar o seu mandato, ou que os traballadores da AGE foran face-lo seu traballo en burro, nun carro do pais e vestidos de gaiteiros, ou medio similar; era mais ecolóxico e enxebre. En canto os medios informáticos podían recorrer a consulta-las estrelas, facer milladoiro cos datos e non usar novas e imprescindibles tecnoloxías, ¡que dilapidación! Para mais os coches foron mercados a un concesionario, que podía ter simpatías co BNG.
¡Que mal cheira isto!, menos mal que temos a Rueda para que vixíe e saque o lixo que hai agochado; ¡xa me sinto mellor!.
Iso si, prometeu, que como a oposición non sexa boa e obediente como ovelliñas, sacará mais lixo. ¡que xeito de ameazar! Iso é democracia.
O parque móbil da Xunta ten centos de coches mercados polo PPdegE. A quén? Esa é a cuestión; pero este despilfarro está fora do que o PPdegE entende por gastos santuarios; unha cadeira vale mais que un coche gasta, gasolina, aceite, ten mantemento e, xeralmente, un chofer, ou é o revés? O que o entenda é un xenio. De líala xa se encargará Rueda, para iso é Conselleiro, pola graza de Deus, -digo- de Feijoo. Isto non exime de responsabilidade das "cadeiras" o anterior presidente, ó menos "in vixiando".
0 comentarios