A NEGACION DA DEMOCRACIA
Si queremos comprende-la actitude do PP, temos que facelo partindo da base de que non é un partido que cree na democracia, polo menos a meirande parte dos seus órganos de goberno; incluso a súa filosofía, tanto de goberno, como de oposición, é a típica dun partido que está no sistema a desgusto.
Eu sempre pensei que o da corrupción e o da trama Gürtel eran episodios, que se podían dar en calquera partido, pero a entrada en tromba dos máximos responsables do partido, acusando a policías, fiscais, xuíces e goberno, fai espertar a un do soño e pono no camiño da cruda realidade; a eso é o que nos inducen as intervencións de Cospedal, Rajoy, Arenas, etc, a unha corrupción institucional, que salpica a estructura do partido.
Sempre se poñen de víctimas, apelan a inventarse tramas organizadas na súa contra, todo pra esconde-la corrupción e o amíguesmo.
Dentro do PP hai xente que cree e vive a democracia, pero os responsables da estructura do partido e organizacións e persoeiros con pedigree do antigo réxime, impoñen o seu pensamento e modos.
Non creo que cheguemos a que se fagan festas como as de Berlusconi, aínda que o PP chegue ó poder, porque ese é un personaxe único, pero estase a leva-la política por un camiño moi parecido.
Non sei si esta xente cree na democracia, na división de poderes e no estado de dereito, semella que non: amosa unha incrible coincidencia cos batasunos e están ó borde de que se lles aplique a Lei de Partidos; non sería nada disparado promover a súa ilegalización, así podería xurdir unha dereita democrática semellante ás europeas. Mentres en Galicia sigamos a ser a reserva material da reserva espiritual da ultradereita española, temos un futuro moi negro.
0 comentarios