Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O LIDER

O LIDER

 

         Dicíase que dous membros do PP, entre outros, estaban chamados a desenrolar papeis importantes  dentro do PP e que tiñan certo parelismo eran Feijoo e Ruiz Gallardón; as comparanzas entre ambos non pasaban da mera anédocta. Cando foi elevado ós altares da política autonómica Núñez Feijoo, por xubilación de Fraga; no  seo do PPdeG armouse unha gran preocupación entre os sectores mais ultras e os caciquiles, que temían que se poñía en perigo as  súas parcelas de poder.

         O pretendido progresismo de dereitas de Feijoo, non pasaba de ser unha suposición; pois nunca tivera a oportunidade de actuar solo, sen a sombra dos seus mentores. Deberon de ser moi convincentes as promesas e os votos de garantía que lles deu ós grupos que recelaban del, pois pasaron a ser neoconversos e ver colmadas as súas aspiracións; así, logo de celebra-las eleccións, pasaron a ocupar grandes parcelas de poder e o programa de goberno é o seu; todo elo,  en detrimento do sector mais apegado á realidade do pais, que ve con preocupación os  ataques a todo o galego, o revanchismo e a crispación social.

        A ideoloxía do goberno non ten porque se-la ideoloxía de Feijoo. Este, en    realidade, carece de ideoloxía e o programa de goberno será o que decidan os grupos que o apoiaron dentro do PP; o  único que ten é unha ambición insaciable, e  para satisfacela está disposto ó que sexa, mesmo a ser o xenocida cultural de Galicia.

        Con diferenzas, hai  un paralelismo entre el e Berlusconi,  especialmente no fenómeno electoral.  Non deixa de ser curiosa a afirmación de Feijoo, despois das eleccións europeas, de que a oposición estaba  cabreada con Galicia polo resultado electoral, o mesmo tempo sacaba peito, esquecendo que a oposición ten unha indudable vocación demócrata, el ofrece dúbidas coas súas prácticas de intentar amordaza-la oposición. Con todo, os resultados electorais das europeas pon de manifesto que ten o apio explícito dunha cuarta parte da poboación galega.

 

0 comentarios