Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A OPOSICIÓN

A OPOSICIÓN

 

O goberno do PPgE non deixa un minuto libre para que se fale dos demais, será por iso que a telegaita fai as cousas como as ben facendo.

          Touriño era un persoeiro que vivía nun mundo illado, daba a sensación que eludía o contacto coa xente, para evitar calquera contaxio, iso fixo que non fora suficientemente popular; trataba a política con demasiada hixiene. Si non fora así, podía encher o baleiro de Quintana e gañar; claro que Quintana seguiría no candeeiro, non ia permitir que outro, no BNG,  ocupara o posto. Unha cousa se pode dicir  de Touriño: non se   agarrou a ningunha sinecura no parlamento.

          Quintana foi moi protagonista, ocupándose mais do seu que das realidades do pais. Daba a sensación de que si había un enterro el quería ir de cadáver. Así lle foi, pero, aínda mais,  enquistouse na mesa do Parlamento, con un manto familiar sobre o grupo parlamentario; menos mal que Aymerich defende a fortaleza.

             OS SUCESORES:

              Pachi Vázquez entrou no baile nun momento pouco propicio; era un peón para quentar cadeira, pero interpreta o papel con dignidade, e dun  xeito brillante; os co querían utilizar levaronse un chasco. Aválao as críticas de Feijoo.

          No BNG as cousas son distintas. Fai moito que está en caída libre e  se sigue así  é doado adiviña-lo seu futuro. Guillerme é un bo home, pero en política hai outros parámetros para un candidato. O seu cargo naceu falto de apoio suficientes; pois case a metade do BNG non o apoiou. Non é doado dar unha receita ó BNG. Os coroneis  e o seu réxime son algo trasnoitado, e mentres non o entendan así non hai nada que facer;  non se pode antepoñe-la ideoloxía o interese do pais.  Non se trata de nomear a un líder de bragueta frouxa, nin a alguén que teña imaxe de bo, pero incapaz de conectar co electorado. O mais seguro é que haxa que  refúnda-lo BNG. Moitos, será bo, quedarán  no camiño, agarrados as súas caducas ideoloxías.

 

0 comentarios