Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PELOTAS

PELOTAS

 

          Da magoa ver como os que tíñamos por ilustres persoeiros da cultura, lle rin os chistes a Feijoo, chistes sen gracia, por certo. Unha baixada de pantalóns diante de quen ten a pretensión de elimina-la cultura do noso pobo e poñernos de xeonllos e  amordazarnos.

          A adulación ó poder é un atavismo histórico, que percibimos con pena, en quenes detentan unha pequeniña parcela de poder, e teñen medo a perde-la, pero o que perden é a dignidade. Neste caso, son mais culpables estes persoeiros que Feijoo.

          A mordaza que nos quere impor  o líder non nos vai frear o mais mínimo, e librarémonos dela, cando na primavera florezan os campos de  Galicia; será unha primavera agardada, unha liberdade soñada, nun pais no que camiñaremos o carón dos nosos veciños.

          Non nos avergonzaremos dos nosos gobernantes, porque eles serán o noso espello e a nosa guía.

          Galicia deixará de ser un pais prisioneiro dun goberno de ocupación; os negros xinetes das tebras deixaran de galopar sobre o  chan da nosa patria, e as nubes iranse debaendo, pra deixar paso o sol que nos quitaron.

0 comentarios