AS ORELLAS DO NOSO LIDER
Os orellas peludas parecen oílo todo, saben todo o que pasa no pais; os pelos das orellas son como antenas que recollen tódolos rumores. Nin o noso Líder, nin os seus asesores saben o que pasa no pais. Ou ben lles importa un pemento os problemas dos currantes, ou ben non teñen entre os asesores, ningún orellas peludas.
Alguén pode pensar que os gandeiros divírtense polas rúas das cidades paseando as súas máquinas pra que nos enteremos dos seus problemas; tódolos sabemos, menos o goberno, que como solución pretende que se endebeden mais; tampouco a solución é darlles algunha subvención creando unha rede clientelar e acordarse deles en tempo de eleccións. O sr. Feijoo, dende que vive como un sultán, distanciouse do pobo que goberna e converteuno en prisioneiro dos seus desvaríos.
En moitos fogares galegos viven a traxedia de quen non cobrou dende maio; o sr Feijoo e demais gros panzas non padecen esa traxedia.
Tampouco os orellas peludas lles chegou o rumor de que alén das nosas terras vese con incredulidade a operación de acoso o galego, pouco lles importa cargarse, o que para moitos, é un ben sagrado.
Si ós orellas peludas non se enteran do que pasa no pais, como é o caso da moción de censura de Gondomar, onde persoas vinculadas coa especulación urbanística pasaron a ocupar postos clave no novo goberno, como se van a enterar do que pasa mais aló do Padornelo. Tamén pode ser que ós orellas peludas teñan unha escoita selectiva e non queiran saber de moitas cousas; como ven facendo o goberno da Xunta.
Incluso dentro do PPdG, que é diferente do PPdgE, voces autorizadas do partido, desinten da política lingüística do goberno da Xunta e desaproban a influencia de grupos marxinais no asunto.
0 comentarios