AS AUDIENCIAS MANDAN
Que as audiencias mandan, non deixa de ser algo que ten un valor relativo; si fora algo matemático e inmediato a TVG tería dado un golpe de temón pra endereita-lo se rumbo. Din esas estatísticas, que non son as do famoso Miranda, que a TVG perdeu audiencia.
O PP ocorréselle poñer parches de urxencia pra saír da desfeita: entreles, reduci-los salarios; PSOE e BNG votaron en contra; non porque non comprendan que dada a caída brutal de ingresos, non haxa que adecua-los gastos, pra manter certo equilibrio financeiro, e non recorrer permanentemente ás subvencións. Hasta ai, todo é lóxico e todo entra dentro do guión; o desacordo xurdiu cando o PP pretendeu que o acordo non lle fora aplicable o Director Xeral da Compañía e a outros altos cargos.
Non rebaixa-los ingresos ós máximos responsables da mala xestión da compañía, solo ten sentido si o PP o que quere e recompensalos por segui-las súas directrices e, en agradecemento, os faga intocables.
Por qué será que a mínima dificultade ocorréselles sempre a mesma recepta: meter man nos salarios dos que menos ganan, pero gastos que podían suprimirse, nin se tocan.
Por certo a TVG costa un pastón, unha pasta que todos temos que soportar pra que nos adoutrinen, nos lancen de continuo mensaxes subliminares, supriman programas culturais, ou que non lle gusten a San Caetano. Si emiten algún programa popular, utilízano pra ridiculizarnos.
Din que tamén é coma unha especie de botín de guerra, que a usan como aparcamento de xente á que se lle debe favores. Algúns empregados, que viñan de vello, sentiron un xúbilo cando gañou Feijoo e coñeceron a súa liña política; adeus ó galego: falado, escrito, rotulacións, etc. Agora parece Tele Madrid.
1 comentario
Telegaita -