CON RABO
O ínclito e nunca ben ponderado presidente da Xunta atribúese a postura que impuxo Xénova ás comunidades gobernadas polo PP para que se abstiveran no Consello de Política Fiscal, co gallo do novo sistema de financiación ás autonomías,
Feijoo cólgase unha medalla e defínese como intelixente, o colocar areas na roda da financiación, seguindo, como non, instruccións do partido; pero o home é tan modesto, que ademais de considerarse intelixente, tamén se considera protagonista.
É curioso que un dos parámetros pra determinar o monto da financiación é o dispoñer de lingua propia, ademais do castelán. Suponse que ese incremento na financiación é para protexe-lo uso do galego, pero os asesoseres de Feijoo, Galicia Monolingüe e FAES, seguro que se reparten eses cartos: a miña preocupación e se a Gürtel non lle toca nada, pero xa lle amañaremos algún gorentoso contratiño.
O director de Política lingüística non obxectará nada; porque é un galego cordial, e mandarémolo a que forme parte dun comité de política lingüística das universidades e vixíe que non se apartan do vieiro marcado polo goberno da Xunta na materia. Si Franco non o deixou todo ben atado, estamos nos aquí pra ser fieis defensores do principios do Movimiento.
O mais difícil é cumpli-la promesa de baixa-los impostos e casala cunha actitude pedichona pra que o Estado nos dea mais cartos na financiación. Faremos un doble tirabuzoón: non baixaremos os impostos, total eso foi solo unha promesa electoral, que aprendemos a facela, seguindo o que fai Xénova; se consegimos algún cartiño mais, sorte pros nosos.
Que exercicio estes pesos da financiación, menos mal que son guapo e listo.
0 comentarios