Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MOCIÓNS DE CENSURA

MOCIÓNS DE CENSURA

           As grescas medran e as mocións de censura tamén. Eso parece formar parte dunha obra de teatro que se representa na Administración Local, pero na que nade quere  aparecer como autor. Os do PP din que o culpable é o PSOE e estes vótanlle as culpas os do PP; resumindo as mocións de censura non teñen pai recoñecido, pero a criatura nace e desenrólase, tombando gobernos  e crispando a vida veciñal.

           Discútese da paternidade da moción interposta, ármase un gran barullo, para que ninguén  plantexe o para qué, e en todo caso, non hai empacho en usa-la grandilocuencia, recorrer a tópicos para dicir, ó fin, que todo se fai pola democracia, polo interese xeral e o bo funcionamento da Administración. Ó final, os electores asisten de convidados pelexándose  por algo que non entenden.

          Os censurados, e removidos do goberno municipal de Gondomar, suxiren que o motivo son especulacións urbanísticas, e sinalan ó presidente da Deputación de Pontevedra, importante persoeiro do PP, como instigador do asunto; namentres Feijoo cala, logo outorga.

          De calquera xeito, algo cheira a podre, en Gondomar; onde foi elixido o segundo da lista do PP, porque o número un non pode selo, por unha resolución xudicial relacionada co urbanismo.

          Os pactos BNG-PSOE gobernan concellos con moi distintos resultados; o  cal pon de manifesto a importancia das relacións persoais; pero calquera fisura é aproveitada polo PP  pra deslexitima-los pactos de goberno. Un particular xeito de entende-la democracia, pois onde lles beneficia, como é o caso do Pais Vasco, si o ven lexítimo; o mesmo que onde gobernan coligados con independentes.

          Á vista dos feitos, concluímos, que as Deputacións funcionan como órganos de control da Administración Local e as Superdelegacións da Xunta, creadas para aforrar, por si alguén o cree, controlan a Administración Autonómica periférica.  -Artellamento dos arquitectos políticos: pro que non se fan oposicións.

          Con relación a esto, recordo unha anécdota que lle pasou, fai tempo,  a un amigo  meu nun Instituto, no que daba clase: en certo momento pediulles ós alumnos que fixeran unha redacción, falando da festa mais senlleira do seus respectivos pobo.  Chamoulle a atención unha que a titulou o autor: "A loita das testas". O contido, en  resumen, era o seguinte: Os mozos do pobo colocábanse en dúas filas e arremetían a cabezazos  contra o que tiñan en fronte, gañando os que permanecían en pe, formábase outra fila, loitaban,  e logo outra, hasta que solo quedaban dous, que se topaban hasta que quedaba un gañador,  - a última gañouna,  (concluía), o fillo do alcalde que ten a cabeza tan dura como a tiña seu pai. Non fai moito. ¿Oposición ou selección?. Esa é a cuestión.   

    

 

0 comentarios