Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ECONOMIA ESCURA

ECONOMIA ESCURA

 

          O apago informativo abrangue, non solo á Consellería do Medio Rural, senón a tódalas areas da Administración Autonómica; é unha maneira de facer política do goberno Feijoo, que responde o seu concepto da política e dos administrados. Para eles a Política e algo moi privado, de iniciados, dun grupo moi selecto; os administrados, os cidadáns, os súbditos como gustan eles, o gran público non ten porque saber nada; o que lle interese o poder que se saiba, filtrarase en coidadas doses, cunha orientación propagandística, eliminando, así, toda percepción  negativa; si ademais se conta cunha oposición que non crea problemas asunto resolto; e se a oposición  fai algunha incómoda pregunta no Parlamento, sóltanlle o axeitado parlamentario pra que os cale a berros, non a razóns.

          Debe ser que en cada momento político hai un Parlamento axeitado a ese momento. No que oímos, os parlamentarios non son de alto nivel, !pero hai que ver como berran! E que disparates dicen; todo por gañar puntos.

          O Igape, (Instituto Galego de Promoción Económica), dependente da Consellería de Economía, segundo algúns está a consolidar redes clientelares e a pagar favores, en lugar de axudar ó tecido económico do pais e a impulsa-lo desenrolo e a creación de novos proxectos.

          Nestes momentos de dificultades económicas, a necesidade de marcar unhas prioridades claras, pra asignar uns recursos escasos as moitas necesidades que hai son maiores, pero parece que as prioridades comezan por quenes axudaron a gaña-las eleccións.

          Descoñécense os proxectos, o deseño da política do organismo, (IGAPE), qué é o que fai, pra onde vai; todo queda non compadreo pouco claro, e a economía o que quere é as cousas claras, sen incertidumbres, sen política de amigos.

           As dúas caixas galegas están en perigo, non porque poidan ser insolventes, senón porque Caja Madrid, e outra Caixa dunha autonomía gobernada tamén polo PP, queren consolida-los seus dominios en Galicia e facerlle fronte a outra entidade financeira. É, fundamentalmente, unha estratexia política deseñada dende Xénova. En economía as estratexias políticas a veces dan moi malos resultados, e deso xa temos antecedentes. A economía debe moverse fundamentalmente por criterios económicos. Xa que vivimos nun pais de libre mercado  hai que deixalo funcionar, e non usar esa filosofía económica solo cando a uns políticos miopes lles interese, curiosamente, pra alterar as regras do mercado no ámbito interno do propio estado. Nade pode ignorar o papel que xogan as caixa na economía galega; tampouco que o PP manda moito en Caja Madrid. Parece que, das dúas caixas, Caixa Galicia, que  o nega, mantén un idilio serio con Caja Madrid e outra mais. Pode segui-lo camiño de Fenosa, e deste xeito, ademais de que Galicia quedaría economicamente tocada, A Coruña, sentiría como unha tras doutra, as súas empresas emigran, e a cidade converterase nun cementerio de vivos con glamour; eso si, quédalle Galicia Monolingüe e Negreira. Rajoy e Montoro, aplauden o evento, Feijoo, que de economía debe ter a mesma idea que teño eu de capar grilos, non sabe, nin contesta. Sabendo que é un home obediente, sen criterio propio, o resultado vese vir.

          Outro feito preocupante é que, as  axudas pra incentiva-la venda de coches que prometeu a Xunta, seguen o ritmo normal da acción  de goberno da Xunta, e dicir, parálises total. O IGAPE que ten que conceder as axudas, ten outras prioridades; primeiro páganse os favores, se sobra algo xa se verá.

12 comentarios

Jacinto Chinto -

Que non se poden fusionar, motivo: sería o suicido do Partido Popular Galego.

A última palabra tena que pronunciar o señor Núñez Feijoo. O señor Núñez, do mesmo xeito que calquera presidente galego, coñece a idiosincrasia dos seus paisanos, e o que ocorrería se ten que obedecer ao señor Rajoy para cumprimentar o invento do señor Montoro.

O buraco da caixa madrileña, ao día de hoxe é incalculable. A súa morosidade superior ao cinco por cento e en aumento.

O seu capitalización, se se lle desconta o diferencial de valor das súas participacións industriais por efecto do crecemento semi-artificial do valor bolsista nestes tres últimos meses, é totalmente desproporcionada. O risco asumido cos seus inventos inmobiliarios e esaxerado apalancamiento financeiro non os debe asumir Galicia.

Se a estudada fusión chegásese a producir, non sería unha fusión, se non unha absorción. Galicia perdería unha chea de postos de traballo, as nosas empresas terían mais problemas nas súas renovacións de crédito, e a campaña, que sen ningunha dúbida se montaría, produciría unha fuxida masiva do aforro galego cara a outras entidades.

Que as caixas españolas fusionásense, ninguén o dubida. Que os políticos as queren unir segundo a súa propia corda, tampouco se dubida.

Certo que Caixa Galicia pode ser tragada por Caixa Madrid dentro dunha operación conxunta a nivel nacional na que a outra caixa galega sexa absorbida por unha caixa controlada polo Partido Socialista. Iso sería dobremente malo. Se as caixas galegas téñense que adaptar aos novos tempos, débeno facer, como ?: fusionandose entre elas e despolitizándose todo o mais posible.

Pepe -

Esta é unha das estratexias políticas de control do PP a nivel nacional, na que o PP galego parece que non pinta nada, mentras o Sr. Feijoó se dedica a dar entrevistas nas que parece que o único tema importante é o uso do galego. A ver se moitos dos que os votan ven por fin que a esta xente non lle interesa Galicia, interésalles sobre todo, e por enriba de todo, o poder. Eu fai anos que teño os meus aforros en Caixa Galicia e de levarse a cabo esta fusión tal e como se fala estes días, non tardaría 24 horas en deixar de ser cliente; espero que os cidadáns saibamos dar unha resposta firme. Respecto ao Sr. Méndez cada vez vexo de forma máis clara que é un cáncer para Galicia, primeiro pon en risco a solvencia da entidade invirtindo en ladrillo na costa mediterránea e agora trata de salvar o seu propio cu. De ser necesaria unha fusión a alternativa en Galicia é moi clara, que se faga con Caixanova, a resultante sería unha entidade importante no ranking de caixas a nivel nacional e creo que sería a mellor solución para Galicia.

son do miño -

home, si por exemplar na súa xestión entenden Cajamadrid coa lea que teñen montada na elección do seu presidente!!! Apaga e vámonos

eu o autor -

Maior concentracón non quere decir mais rentabilidade. En todo caso, o que siignifica e mais poder. As fusións eliminan gastos, ó reducir persoal e ofiinas. A influencia política na xestión debera ser, predominantemente con carácter social, que é o criterio co que naceron. Hoxe hai que engadir o financeiro pra súa supervivencia; o político ten que ser residual. si se quere manter o caecter social as fusións co único obxeto d ser mais grandes non xustifica a fusión. Caixa del Panedes, entidade pequena, era das mais rentables. Si non se ten en conta oo fin social é mellor que sexan un banco mais; como pretende a patronal bancaria. Nada fai pensar que a fusión que se pretende é boa pra Galicia.
Opinións no idioma que sexa, hai que respetar pra que nos respeten, pero mellor en galego,eso nondebe s obxecto de polémica.

sempre en galiza -

Eu estou de acordo en que o procedo de fusión non ten porque ser necesario nin beneficioso "per se". As caixas de aforros poden ser rendibles por variables máis aló do seu tamaño. A xestión tería que ser máis eficaz, máis técnica e afastarse de xogar o papel de brazo económico executor do poder establecido. Máis profesionalización nos consellos de administración e menos "gross panzas"

Castrelos con cachelos -

Ao meu parecer compre discernir entre o perfil económico e o político nestes procesos de fusión. Da participación pública nas caixas de aforros se desprende que este tipo de movementos teñen ás veces tanto ou máis de estratexia política coma de arquitectura financeira propiamente dita. Ata que punto a fusión de entidades é posíbel ou desexabel, e ata que punto ven imposta polos cadros dirixentes dos partidos??

a cabra do saviñao -

Pois eso que fagan un referendum cos usuarios destas caixas como fixeron co galego, xa que son tan "democráticos" e están co que di o pobo

Iván -

Canto provinciano cohibido con mala baba sae a relucir na maioría dos comentarios: que se retiro o meu diñeiro, que se veñen os ogros de Madrid, que se nos queren controlar... Imaxino que cosas parecidas ouvíronse a finais dos setenta cando naceu a Caixa de Aforros de Galicia (Caixagalicia) por fusión doutras tantas caixas da Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo. Ese orgullo paleto é mellor gardarllo, non leva a ningunha parte. O que fai falta é mellorar a xestión das caixas, que deixen de ser chiringuitos dirixidos arbitrariamente polos políticos de quenda. Cajamadrid é un modelo de xestión, a segunda caixa de aforros de España e camiño de converterse na primeiro, Caixagalicia ten moito que gañar. Preferides ver as caixas galegas intervidas como Caixa Castila a Mancha? Pouco falta, preguntade por Vigo. Polo demais, que conste que Madrid é a rexión máis aberta e solidaria de España, neste momento a única que contribúe aos fondos de solidariedade para as rexións pobres, Galicia entre elas. Euskadi nunca nos deu nada e Cataluña acaba de pechar a billa co beneplácito do presidente do Goberno, don José Luís Rodríguez Zapatero (PSOE). Saúdos desde Santiago

piuxiño -

oes ti, en galegoooooooooooo!!!

JAL -

Tanto las cajas como los bancos tienen que ir a la reducción de costes y no cabe duda que la fusión de Caja Galicia, bien sea con Caja Madrid o con otra Caja tendrá que suceder en el medio plazo. La fusión traerá consigo la reducción de costes mediante el cierre de oficinas y la eliminación de uno de los Servicios Centrales. La gestión de las cajas debe ser totalmente profesional y no debe estar sometida a ningún tipo de presión política y, por otra parte una fusión entre Caixanova y Caixagalicia, tendría un efecto negativo para la economía de Galicia debido a la concentración de riesgos a que daría lugar la fusión. Ambas Cajas deben caminar por separado, de forma que sean las dominantes sobre las cajas con las que se produzcan las fusiones

Xose -

Estan vendendo Galicia os madrileños. Eles quedan coas empresas, Caixas de Aforro, postos de tragballo e cotizacions e nos coa contaminacion medioambiental (eolicos, hidraulicas,termicas,etc) e a emigracion.

Se o goberno galego autoriza esta absorcion tera cometido o peor atentado contra os intereses galegos e demostrado que so defende os intereses de partido, e no caso de Feijoo os persoais (de cara a un posible relevo de Rajoy en Madrid).

Nos mesmos -

Se ista absorción ocorre, collo os meus cartos e cambio de caixa...asi de claro