Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O NEN@ XA NAEU

O NEN@ XA NAEU

          Foi un parto difícil, unha criatura mal enxendrada, cunha crianza que vai ter moitos problemas, pero xa temos o resultado da enquisa.

          O obxectivo último de Feijoo é efectuar un adestramento ideolóxico dos cidadáns; unha segunda castra e doma de Galicia e se para elo hai que crear un enfrontamento entre os cidadáns, faise; no vai reparar en medios.

          Pra min, a enquisa foi un despropósito, que non se lle ocurriría, nin o que asou a manteiga nun garabullo. Se lle engadimos o apoio mediático, a participación da maioría do PP no apoio á campaña, a punta do iceberg de Galicia Monolingüe, os cartos que gastou a Xunta no enxendro;  o mirar pra outro lado das Institucións oficiais da cultura, etc,  o asunto adquiriu unhas proporcións dantescas, non polo tamaño, senón polas consecuencias e os medios empregados.

          Este goberno paga os favores, e o apoio do ensino privado á enquisa, traerá consecuencias, nade fai nada porque si; non vai ser coma o caso de Viriato, cando os romanos lle dixeron os seus asasinos que Roma non paga a traidores.

          Moitas escolas unitarias non teñen material, suplen as carencias coa imaxinación dos docentes, pero pra Galicia Monolingüe houbo unha escandalosa subvención. A mesma Consellería non escatimou medios económicos e persuasivos.

          Pros que aínda defenden a enquisa, malia o que choveu,  teñen que saber que se fixo sen ningunha garantía de obxectividade, cun fin determinado, co único obxecto  de que lle ratificaran unha decisión que  xa a tiñan tomada. Unha coña

          Si aínda hai alguén  que cree na limpeza de accións do PP, basta recorda-la precampaña electoral, seguro que cree tamén o conto de Caperucita; de sobra sabemos que estando quen está por medio, e tendo de Presidente a Feijoo como garante do proceso, a chapuza estaba servida.

         O PPdeg  fixo da mentira e da manipulación unha conducta habitual nos últimos tempos, o que pon en dúbida o resultado, que se deberon desviar tanto  das súas expectativas que os obrigou a un maquillaxe dos datados da enquisa; por eso dubido que  sexan reais; o que se ratifica co feito de que, nin o Conselleiro de Educación, nin Feijoo, asistiron  a   súa presentación.

          Castelao dicía que cando un galego deixa de falar galego, xa non é galego, pero eso non o converte e castelán. Nese limbo no que se atopan os negadores do noso idioma son obxecto das burlas coma as que fixo a FAES,  que no apoio á campaña contra do galego burlábase do acento da súa xente, pero os de Galicia Monolingüe son xente que precisa un maltrato do seu amo mesetario, e seguen poñendo o lombo, e non son solo son negadores do galego, senón que non  teñen conciencia da súa  rediliculización.

          Cando armaron aquela asonada cívica en Santiago, trouxeron xente de fora de Galicia, pra armar ruído contra do bipartito.    

          Tódolos que vivimos en Galicia temos o dereito e o deber de coñece-lo galego; ademais da obriga legal, é un xeito de coexiona-la sociedade civil..

        A enorme fenda que Feijoo está a producir en Galicia, na súa convivencia, co tema do idioma,  non é doado de comprender. A FAES e Feijoo, cos monaguillos que se lles unen, retrotráenos ós tempos de segunda república.

        A actitude cívica, sen baixa-la cerviz, dos asistentes o acto celebrado en Vigo, ó que asistiu Feijoo, que con pegatinas e outras enseñas, fixeron pública a defensa do Galego, fai pensar co pais aínda está vivo e confírmao a enquisa.

        Non solo falamos o Galego porque nos peta, como diría ó poeta de Celanova, tamén porque é a nosa lingua e nade nos vai quitalo que é noso.

10 comentarios

madialeva -

Como caixa galicia se fusione con peranchita a bo fe que non deixo un céntimo nesa caixa,e copresidente que temos é capaz de darlles a bendición.

eu o autor -

A serpe é moi aguda, xunto con gamela vein o galego como algo que utilizan como arma arroxadiza, cando debía estar fora do debate e protexela como debe facer todo ben nacido. Castrelo con Cachelos está no camiño, pero hai moito mais na trastenda. Seguindo as ordes de piusiño, mañá tócalle a economía. Estás polémicas danlle sentido ó blog, gracias a todos vos

piuxiño -

Moi interesante!! Eu propóñelle ao autor do blog que se abra un debate sobre a política financeira do goberno bonsai. Ja,jaja...mira que me fai gracia iste término. Que bo!!!
Por certo, onte acudín ao Monte do Gozo a ver ó gran Bruce. Xa sei que non ten moito que ver con esta leria, pero direivos: entrada 74€, autoestrada dende A Coruña 5,15€, bocadillo de xamón con queixo (ou algo parecido) 3,50€, botellín de auga 1,50€...ver como o concerto deste FENÓMENO comeza aos compases da Rianxeira a coro con preto de 40.000 persoas NON TEN PREZO!!! Así que Bruce tivo que vir dende a lonxana USA para enseñarnos que podemos sentirnos orgullosos do noso patrimonio. Que dirían os próceres agochados nos seus palcos VIP??

Castrelos con cachelos -

Pois a vindeira fronte parece que se vai abrir no eido financeiro, coa nova organización das caixas galegas e a posible asunción do seu control por parte dunha entidade de fora do país (Cajamadrid??). Daquela, outro dos nosos piares queda a espensas de ser defendido polo goberno "galego" fronte as agresións alleas. Non queren/pode/saben (ou é todo a un tempo??) defender a nosa lingua, serán capaces de defender os nosos cartiños??. Na prensa escrita xa se bosquexan as primeiras liñas deste novo desaguisado. Que deus nos colla confesados...

piuxiño -

Por certo, non se caeu unha C do título deste artigo???

serpe -

Pois se non damos a batalla no eido da política, ali onde se toman as decisións que definen o futuro dun pobo polos representantes que lexítimamente nos mesmos eliximos...que facer?? Cómpre adoitar unha postura de submisión ao poder?? É lóxico deixarse ir, e mirar para outro lado como se nada estivese a pasar?? Se non defendemos os nosas ideas alí onde teñen que ser oídas e respetadas corremos o risco de ser complices do esmorecemento da nosa lingua e da nosa cultura, de consentir nos nosos fuciños unha estratexia que impoñen actores alleos aos que lles importa ben pouco valerse dela para acceder ao poder e perpetuarse nel. O galego precisa ser defendido ante esta aldraxe. A mellor defensa: un bo ataque. NON QUEDEMOS CALADOS!!!

gamela -

O galego, a língua propia do país, o sinal de identidade do noso pobo, o mascarón de proa da cultura galega, está a ser sometida a debate continuo polas nosas clases dirixentes, trasladando a polémica ao conxunto da cidadanía, no trocantes de afastala da lexítima refrega política, Hai tempo que penso que os políticos non buscan solucións aos problemas, senón que crean novos problemas coas súas solucións. ¿Por que fan isto logo? Pois precisamente porque coa axitación da xente se polariza o voto, a estratexia defínese para que os dous extremos do espectro político maximicen as súas posicións coa fin de fidelizar os seus apoios. Que máis lles da se no medio poñemos en xogo o futuro dunha peza estratéxica como é o caso da lingua!!! O galego, pobriño, vai esmorecendo nementres entre unhos e outros turran del, deféndeno ata afogalo ou atácano ata esganalo... Lonxe de quenes se postulan como gardiáns da lingua, agochados nesas que chaman facultades do saber (lingüístas de novo deseño) que convertiron o actual galego en algo case irrecoñecible; e dos novos tecnócratas (estómagos agradecidos ou novos paracaidistas) que o maltratan artellando un castrapo noxento, se atopa unha maioría minoritaria ou cequais unha minoría maioritaria da nosa cidadanía que comprende que a lingua, a nosa lingua é o que nos fai únicos, nos fai diferentes. Gabámonos dela e defendémola como millor sabemos: Utilizandoa, a única garantía de que quedará neste mundo despois de que o teñamos abandonado

a cabra do saviñao -

Afondando nesta liña de pensamento, ven de se manifestar o Portavoz Nacional do BNG en La Voz de Galicia dicindo «A consulta do galego é unha fraude, só quere xustificar unha posición previa». Pódese consultar na sección Galicia do diario coruñés. Un saúdo!!!

sempre en galiza -

E logo que pensábades que sairía!!! O pai da criatura é o aparato ideolóxico-represor da dereita máis rancia, (representados pola galicia monolingüe, a FAES...etc)...a nai o pobo galego, ben fodido pola caste de políticos que goberna o país, resultado: unha PARIDA, en toda regra.

piuxiño -

Moi boa a viñeta e moi entretido o artigo. Parabens!!
Eu tamén creo que esta pseudo-enquisa non é máis que un "paripè" absurdo e innecesario para xustificar a súa política regresiva sobre a lingua galega non ensino. Total xa tiñan deseñada un estratexia...independientemente dos resultados. Vaia unha trapallada!!!