Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O CONTRATO

O CONTRATO

 

 

 

          Na parte dereita,  baixa, tedes unha entrada, chuzando ali, podedes  votar o artigo do mes de agosto que mais os gustara, gracias por colaborar. 

 

          Non é normal que un político asigne a oferta electoral como un contrato que fai cos electores, a modo de garantía de que vai cumprir o que promete, a menos, que sexa unha das moitas artimañas que se gastan.

          En política, especialmente en campaña electoral, prometese moito, logo, a hora da verdade, é pouco o que se cumpre.

          Recordo que Feijoo, nunha intervención na TVG mostrou un  papel, dicindo que era o contrato que asinaba cos electores galegos, no que garantía que cumpriría tódalas promesas electorais que facía. Parece ser que aquel xesto repetíao en mitins e en tódolos actos de campaña.

           Non me lembrei mais daquel acto, pero recordo a súa promesa de transparencia  e moitas mais cousas, e xa vimos o que cumpriu Aproveitou o mes de agosto, no que todo o mundo se ía de vacacións pra dar moreas   de contratos a dedo. Veume á memoria o do contrato; dubido co papel que brandía con desafío ós crentes  e incautos electores tivera algo escrito, menos que tivera intención de comprometerse.

           Eu esquecérame daquela teatralidade, pero vendo un resumen do que foi a campaña, por certo que moi sucia, reparei no asunto, e pregunteinme, ¿qué foi daquel contrato?; mais sinxelo, ¿qué foi daquelas promesas?. ¿Tan barato sae prometer e esquecerse?.

           Naquel momento eu non lle crin nada do prometido, sobreactuaba e dáballe demasiada teatralidade ó acto; pero estou seguro que moitos llo crearon, o resultado demóstrao.           

           As diferencias e as distancias entre os da boina e os do birrete, seguen ai. Os sectores mais galeguistas do PP ven con  preocupación que unha secta e que un grupo tan minoritario como os de Galicia Monolingüe teñan tanto protagonismo na política do partido. É un feito indiscutible que eses grupos, xunto con intereses  económicos de fora de Galicia, son os que deciden a actuación de goberno da Xunta.

           Feijoo ten unha exigua maioría; solo un deputado lle da o poder, e tamén pode quitarllo. Din os de Galicia Monolingüe que a política de persecución da lingua galega lle deu tantos votos nas cidades e que eso xustifica a súa política contra   da cultura galega. Esto basease  nunha premisa falsa, cal é atribuírlles ós habitantes das vilas un sentimento antigaleguista; do mesmo xeito, non se lles pode atribuír ningún fanatismo relixioso, nin voluntade de favorecer grupos económicos alleos, que nin sequera coñecen.  O único certo é que a crise económica, derruba moitos gobernos, temos o exemplo de Xapón que despois de 55 anos gobernando, o mesmo partido, agora perdeu as eleccións;incluso a carismática Merkel sufriu un revés electoral, cando ten ai, á volta da esquina, as xerais.

          Velaí a razón esencial do éxito de Feijoo: unha campaña sucia, con acusacións de mal goberno; promesas de bonanza, que xa se ve onde nos levan; traballo pra todos, o que o quere  ten que ilo a buscar a Madrid ou a Barcelona.

            A maxia do poder ten un efecto balsámico, pero   cando a algún barón se sinta afogado ou demasiado presionado pódese rebotar  e a maioría saltar feita anacos.

             Feijoo trata de eliminar calquera disensión interna e presentarse como caudillo invicto, para elo conta cun grupo parlamentario de perfil baixo, sen parlamentarios destacados que pensen por si mesmos, e cunha oposición desnortada, preocupada de  lamberse as súas propias feridas.

            Feijoo ten moi servicio de información interna; sabe todo o que pasa no partido, ten moitos chivatos e orellas peludas, que o escoitan todo; eso sábeno moitos baróns e esperan mellores tempos; solo persoas como o fillo do finado Cuiñas, e algún outro, se atreven a dicir o que pensan en alto.

            As eleccións locais poden  ser a  bomba que lle explote a Feijoo, ou ser o que necesite pra afianza-lo seu liderazgo. Esto será o que verdadeiramente importe; non servirán as invocacións a galegos ilustres, nin a profanación das súas tumbas; como fixo fai pouco pra consumo dos sectores mais galeguistas do partido e quitarlle argumentos e mártires á oposición..

           Emisarios seus recorren as Américas, reforza as Delegacións da Xunta en Sudamérica; todo o contrario do que prometeu en campaña electora; os seus emisarios celebran coa comunidade galega no exterior comilonadas,  pagadas por todos nos. Os mellores restaurantes e Quintas privadas son testigos de bacanais. Todo fai que se deixe nunha anécdota os mojitos  da Conselleira Bugallo; comparado con esto, aquelo quedou nunha recepción frugal; eso si, moi ben explotada electoralmente.  

6 comentarios

eu o autor -

Ánimo, hai que participar

sartalo -

Pois eu tamén veño de votar...e "Seducidos polo lado escuro" tan so pola foto de Fraga merece a pena...ja,ja!!! Non me digades que non...

Pontevedres -

O arteficio da sinatura dun contrato polo que entonces era so un candidato e agora, infelizmente, é o presidente de todos os galegos, non foi máis que un xesto cara á galería, maís efectista que efectivo. O problema foi que de súpeto, eu penso que sin sospeitalo, atopáronse no poder...e agora a ver como diantres cumpren o que prometeran en campaña. De seguro que de non alcanzar os seus objectivos utilizarán a xestión do anterior goberno como excusa perfecta. Sonche ben listos estes lambóns...

laura -

Eu acabo de votar polo meu artigo preferido do blog do mes de agosto. "Desfacendo o país en cen días...", sen dúbida dos máis divertidos e certeiros que se teñen escrito. Noraboa ao autor

Nos mesmos -

Esta ben lembrar que este fulano presentou un "contrato" ante a cidadanía na campaña...que terminou por converterse en papel mollado. Verdadeiros fogos de artificio!!!

Sartalo -

Boa idea a de dar a posibilidade de votar os mellores artigos. Parabéns!!