A INSOLENCIA
O desprezo de Feijoo á lingua galega faise dende a óptica dun insolente, unha posición de quen mente coa mesma facilidade que se bebera un vaso da auga mais pura no deserto, pero ademais, como aínda non lle parece dabondo, usa unha linguaxe e unha xesticulación, que por si solos son uns insultos.
Os ataques o idioma galego non debemos velos dende o simplismo de un grupo de ignorantes que se confabulan na contra da lingua.
A esencia do goberno é a dun goberno de ocupación; é aí onde atopamos as razóns tanto da deconstrución, como a do ataque virulento á cultura galega.
O goberno de Feijoo, e el mesmo son seres vidos de outros mundos, aterraron nesta Barataria, que pra nos é Galicia, e afánanse, coma posesos á destrucción e a liquidar calquera atisvo de progreso ou convivencia; xaleados e incitados por grupúsculos de extrema dereita, seguen entregados á danza sinistra da desfeita.
O que no grupo haxa bos libadores de ribeiro, pode ser unha sinal de que pra facer algunhas cousas hai que estar nun estado de relativa consciencia.
O consenso sobre a lingua foi rachado por Feijoo, e agora é unha imposición da extrema dereita, que é a que mangonea a Feijoo, e aínda lle parece pouco.
Feijoo traslada ás aulas a división e o enfrontamento, pretende unha auténtica confrontación social, un conflicto civil, que nade sabe como terminará.
O último consenso, que era o que se viña aplicando, era do 2004, no que se publicou un decreto, por unanimidade: PP, PSOE e BNG, que agora foi rachado unilateralmente por Feijoo.
Agora Feijoo pretende introduci-lo inglés no ensino, o curioso é que solo algúns colexios privados, que gozan, gracias a Feijoo, dunha superfinanciación o poden cumplir; o ensino público e parte do privado non poden, nin de lonxe, pensar en aplicalo. Non debemos esquecer que eses colexios de elite son financiados por todos nos pra beneficio duns poucos. Aquí ségue o mesmo modelo que o seu colega valenciano, unha pantomima dun trilingüismo pra elimina-lo galego.
A Constitución determina que son os poderes públicos, e non os pais, os que determinan o plan de estudios. Claro el non debe saber o que é a democracia, e inventouna.
Algúns din que Feijoo non é mais que un boneco de guiñol, e que son outros os que manexan os fíos; pero o certo é que Feijoo está moi metido no papel e gústache mais o poder que un caramelo a un tolo e pasará historia como o quixo rematar coa identidade, a cultura e o idioma de Galicia, volvernos os tempos da guerra civil e gobernar pros privilexiados
0 comentarios