NUNCA É DABONDO, queren mais
As caixas teñen moito control político e non tanta profesionalidade;ese é o seu principal problema, pero Feijoo non ten dabondo, non quere unhas caixas profesionais, quere unhas Institucións manexadas dende a Xunta; pra elo necesita unha lei de caixas que lle permita ter un dominio dos seus Consellos Administración; o mais gracioso é o papel estrambótico do BNG, que actúa neste caso de palmeiro do PP. Con gallo da movida organizada pola lei de caixas, o deputado do PP Ribas, manifestou que o PSOE quere seguir politizando as caixa, xusto o que prende o PP; pero é mais doado ver a palla en ollo alleo que a viga no propio. Pra mais abundamento, sinalou que o PSOE segue instruccións de Madrid e intenta boicotear a lei de caixas; en parte é certo, Blanco así o di sen rodeos, o que ten miga é que o diga Ribas, cando eles reciben as ordes de Xénova. Pachi Vázquez di que Feijoo quere manexa-las caixas, e el quere impedilo; no fondo operaríase unha muda de poder nos Consellos de Administración, desprazándose do PSOE ó PP. O asalto de Feijoo ós aforros dos galegos é algo inaudito, e agora quere utilizalos pra beneficio propio; no canto de facer unha lei que despolitizara as caixas e profesionalizara a súa xestión, incrementa o nivel de politización das mesmas, en beneficio propio; o que xa non ten pes nin cabeza é a actuación do Bloque.
11 comentarios
eu o autor -
roda -
"En todo caso, se algo resulta incuestionable é que estamos ante unha conxuntura financeira moi importante para o futuro da economía e da sociedade galega, e moi complexa desde un punto de vista técnico. Garantir que no longo prazo Galicia faga valer o seu tamaño poboacional e económico para ser referencia territorial dunha das menos de dez caixas que quedarán en España, pasa por que as galegas conten coa mellor capital humano posible, que non se tire pola borda a experiencia e coñecemento dos actuais equipos, que as organizacións representadas nos seus Consellos de Administración opten por persoas coa formación e capacidade á altura do desafío que entrañan as circunstancias presentes, e por suposto, que non se utilicen como cemiterios de elefantes ou alternativas ao INEM. En consecuencia, o éxito da fusión e a solvencia do proxecto non están garantidos; todo depende de como lle articule o protocolo de fusión e defínanse e executen os plans estratéxicos."
Espero que sirva para enriquecer o debate sobre o futuro das caixas, ou caixa, galegas.
Boicot a Turkia -
Los veo un poco "des-nortados". El sur de Galicia tiene que salir a la calle y no consentir que cuatro politiquillos nos usurpen nuestra Caja.
A troita -
Vigo-12 -
Esta dereita non ten solución como xa comprobamos en Cajamadrid.
Mangonean todo sen escrupulos!!!
Paco -
Sineiro -
O máis lamentábel e a política de seguidismo do bloque neste proceso, abducidos polo Feijoó.
A.L -
Antonio C. -
Que noxo da a politica e sobretodo os politicos...
lorcho -
Os partidos son simpres monicreques que utilizan como arietes para reforzar a súa posición no mercado financeiro.
a cabra do saviñao -
Ao Bloque o que lle gusta é o intervencionismo. Quere intervir nas caixas, ter un banco público para dar créditos por razóns que non ían a ser nin profesionais nin técnicas nin de viabilidade económica. E isto é moi ineficiente desde o punto de vista económica, moi inxusto desde o punto de vista social, e incluso perigoso desde o punto de vista financeira.
Pois hei aquí que dez meses despois o PPdeG vai a apoiar unha lei creada polo seu socio nestas lides, o outrora odiado BNG e agora compañeiro de botín. Iso si, as críticas para o PSdeG. Cousas veredes...