EMPRESAS PRO ENCHUFE
A cidade da cultura, da que se leva construído pouco mais da metade, xa se ten gastado mais de seis veces o orzamento inicial. A rendibilidade cultural do proxecto, á vista do descomunal costo, é incerta; pero o PP ten o destino axeitado, pra tal colosal disparate; vai converte-la Cidade da Cultura nunha empresa de contratación pra persoas afíns e empresas do entorno, o cal nestes tempos de crise ten un notable rendemento electoral.
A compañía da Radio-televisión é outro furado de enchufes, e que enchufes; algúns contratos foron considerados, pola Inspección de Traballo como un fraude de lei.
A Administración local non pasa polo seu mellor momento, tanto no económico como na imaxe; ó PP chégalle solo co Presidente da Deputación de Pontevedra pra poñer á Administración local na dúbida da súa razón de ser, refírome en especial ás Deputacións, pero sen esquece-los Concellos inviables e custosos; de tal xeito que non sabemos se son fábricas de enchufes, niños de conspiracións, ou Entidades pra prestación de servicios.
Quere converte-lo Consorcio en empresas privadas pra que os alcaldes contraten o persoal a dedo.
Pero si falamos de Cerceda, quedámonos perplexos e non comprendemos como este pais aínda funcion e segue a resistir o goberno de Feijoo.
0 comentarios