O CREPUSCULO as boinas pisan forte
O congreso provincial do PP en Ourense cecais non foi o crepúsculo de Feijoo, pero foi un baño de realismo, pra quen pretende ser líder absoluto, con menosprezo ós sentimentos do pobo, ó que pretende liderar, non gobernar. Esto último dígoo porque Feijoo pasa de gobernar Galicia, el quere liderala, ser o seu cacique único, pra gloria súa e de Génova.
A súa teima coa lingua e con todo o que cheire a galego, cumprindo como fiel criado as ordes de Madrid, poden ser a súa tumba; unha tumba que lla están cavando xente na que se apoia, vivindo de costas o pobo e buscando o aloumiño doado de grupos ultraradicais da extrema dereita e do poder central, empeñados na alienación cultural de Galicia.
O congreso de Ourense foi un aviso, e si eso o poñemos e relación coa enquisa de LA VOZ DE GALICIA, nada sospeiosa, veremos que este pobo aínda está vivo, e vaille custar moito enterralo como pobo. O guru Mirinda vai ter que descifrar mellor o futuro nos pousos das cuncas de ribeiro, se non quer guindar todo polo precipicio.
A batalla rematou, a guerra non; Baltar sabe que o lume segue prendido baixo dos seus pes e que solo agardan o momento oportuno pra facerse co poder. Baltar coñece ben os personaxes que se querían facer co poder e non se fía deles, non nos admitiu no equipo; porque eso sería como deitarse co inimigo.
A voz trémula de Feijoo evidenciaba o seu estado tras a derrota.
O perdedor, o Alcalde de Verín prometeu fidelidade o gañador, Pero eu non fiaría del, non é unha persoa de fiar. Os mentores vanlle a pedir contas do que fixo cos apoios que lle deron; despois de entregarlle unha conta libre pra gastos, o apoio do partido, a nivel nacional e autonómico, sacou uns resultados pírricos e os colores ós líderes, mesmo Feijoo tivo que improvisa-lo discurso, un discurso lacrimoso apelando a unidade, daba magoa escoitalo, non lle saían as palabras, non disimulaba a dor da derrota. Rueda fracasou e o vello raposo triunfou, unha vez mais, e deixou unha mensaxe: cuidadín Feijoo, pisas ovos.
10 comentarios
pitaazul -
Mouriscade -
Que imaxe damos o galegos, que vergonza!!!!
Castrelos con cachelos -
Feijoo é presidente grazas ao carrexo de votos e demais actividades caciquiles destes personaxes.
Xavier C. -
Groba -
Pois ben, en Ourense, os do PP, teñen unha monarquía burguesa, e a quen non lle guste que non lles vote, hai máis partidos, e problema resolto...
eu o autor -
lorcho -
Non sabedes como me alegro...
A troita -
ventureiro -
Ja,ja,ja....
Fartodevassalos -
É o maximo responsable da deriva galegófoba e da derrota dos feixoistas na baltarada vivida ontem em Ourense.
Faría bem Feijóo em afastarse deste abaltador radical, próximo as teses de GB.