Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POLAS MIÑAS MAIORIAS

POLAS MIÑAS MAIORIAS

 

                   Alberte, !que despiste!, Alberto, cando quere  xustificar unha acción incomprensible, que deica agora é a norma, alega como fundamento incuestionable á consabida maioría, moi certo que é unha maioría moi xustiña e despois do de Ourense mais precaria, pero maioría, e calquera movemento a pode esnaquizar. Por elo o equipo de fontanería de San Caetano  está a todo  gas. Non creo  que lles chegue con amaña-las tubarias; esta Administración de Feijoo precisa de tubarias novas; fai pouco que empezou a gobernar, aínda non cumpriu o ano; o suficiente pra unha avaliación  e constatar que ningún membro do goberno chega o un, xa non digo ó cinco, estamos o albor dun goberno desnortado e incapaz, e nin el, como director da orquestra, nin os gaiteiros teñen idea do que fan. Teñen que mandarlles as partituras de Madrid, pero son distintas as composicións de Rajoy das de Faes, e os gaiteiros son tan malos, que semella un goberno pro Antroido de algún esquecido pobo. Era mais doado cumpri-la consigna de borra-los logros do bipartito, que aínda que modestos algunhos había. Agora que se trata de gobernar, debe dar conta da inoperancia, sería bo que falara e nos explicara os fracasos e a dirección que leva e, de paso, se o autobús vai sen chofer.

              Pra gobernar, se ten maioría hai que usala pra construír; esborrallar está o alcance de calquera.

2 comentarios

santomé -

Ata Fraga esta en contra de FEIJOO,sempre dixo; "E moi floxiño".A este soio lle queda o bedel Louzan e o lambido de Rueda...ah!! e mais a Upg.

lorcho -

Agora a Feijóo éncheselle a boca coas palabras consenso, acordos... Consensuou con alguén as atrociidades que fixo no pouco tempo que leva en San Caetano?