O QUE O VETO AGOCHA
Rueda non foi ó Parlamento explica-las irregularidades, filtracións e demais cousas que se esconden nos amaños que a Xunta fai na selección de persoal; dubido que tivera vontade de facelo; do seu silencio dedúcese que non; o Grupo Parlamentario do PP vetou a solicitude de comparecencia de Rueda, non deben querer que se desvele o que se esconde detrás dos numerosos escándalos das distintas oposicións.
Se temos que crer a palabra dos xunteiros do PP non hai irregularidades, eles son moi honrados. Mira ti por onde os feitos empéñanse en demostra-lo contrario.
Xa vai sendo hora que os responsables políticos dean a cara, e expliquen no Parlamento, o que nade comprende. Terán que explicar, si é que é explicable, por qué consideran a Xunta unha finca súa; un goberno serio non pode presenta-los feitos como anécdotas; si fora unha sola vez podía ser creible, pero cando se converte en norma xa é difícil explicalo.
Feijoo crese deus, e non asume responsabilidades, tampouco as asume Rueda e o Director Xeral da Función Pública ten de padriño a Negreira, así que todo seguirá igual.
As declaracións do Director Xeral da Función Pública, votándolle a culpa do que sucedía ó bipartito, é un recoñecemento indirecto da trama do PP, e de que non ten argumentos que den unha mínima explicación crible ó caso.
Derrogaron as normas de selección do persoal, que había vixentes, algunhas, na súa maioría, incorporadas da lexislación anterior a autonomía, anularon os concursos convocados, e fixeron novas convocatorias pra dar cabida os seus canchullos; agora din que van a reformalos de novo; co sinxelo que houbera sido lexislar menos e cumprir mais a lei, claro, si non se tiña pensado face-los amaños que fixeron. O mais cínico é que traten de xustifica-las súas fecharías votándolle a culpa a unha lexislación anterior e a un procedemento que eles mesmos se cargaron nada mais chegar ó poder. Son uns desvergonzados, que non nos traten mais de imbéciles.
0 comentarios