CONRRUPCION E CINISMO
Dentro dos comentaristas do blog, seguro que haberá algún inxenioso, materia hai.
Do contido do sumario de Gürtel non se desprende nada novo que xa non se intuira, acaso, eso, a confirmación do que xa se sospeitaba; un xeito de financiación de determinadas campañas electorais do PP, tanto a nivel estatal, autonómico ou local; o enriquecemento desmedido dalgunhas persoas; contratos con sobreprezo con pago de elevadas comisións; diñeiro que saíu do peto dos cidadáns; corruptos vivindo na opulencia, mentres un elevado número de cidadáns deste pais vive na miseria.
O líder do PP quedou mudo e desaparecido; os vivarachos ollos da súa fel escudeira xa non brillan como antes, vénselle as pegadas que deixaron os serios acontecementos; Rajoy non lle fai caso pra que alonxe os nubarros de Xénova; el non ten resolución pra cortar cabezas. Os da panda de Aznar queren ser presente e futuro no PP e non permiten que un dos seus sexa sacrificado, por moitas evidencias que haxa, e Bárcenas foise, ou non?.
¿Cal é a razón desta parálise de Rajoy?: En primeiro lugar é a resposta típica de Rajoy, é unha persoa que vive na indefinición, diante de calquera problema métese na súa cuncha e espera a que escampe; en segundo lugar foi proposto por Aznar, e o sector mais conservador exerce de vixía e gardiáns da ortodoxia ideolóxica e de acción política; pode que esa sexa unha das razóns polas que non tomou unha resolución sobre Bárcenas; aínda que pode ser que Bárcenas dispoña dalgunha información que aterroriza a Rajoy, moito mais aló da xa coñecida de que Gürtel financiaba e organizaba campañas e eventos do PP, entre os que hai dende a voda do xenro de Aznar a proporcionar señoritas pra algunha festa privada.
As declaracións de Aznar foron un exercicio de cinismo; Gürtel fundouse no 1993, co visto e prace de Aznar, Arenas e demais camarilla do PP de entonces. A Barcenas puxérono eles, non é nada raro que agora o defendan.
O líder do PP fai pouco por ser alternativa de Goberno, e limítase a esperar que o cadáver político de Zapatero pase pola súa porta.
O que dende logo nade o pode dubidar e que o PP beneficiouse da trama, e a trama beneficiouse do PP.
4 comentarios
Anónimo -
Dardeis -
Home, é evidente que o Goberno non lamenta os apuros polos que está pasando Rajoy, pero é igual de evidente que Correa, o famoso ´Bigotes´ e compañía, o amiguito da alma de Francisco Camps, non son un invento do PSOE, senón persoas estreitamente vinculadas ao Partido Popular.
E é que ademais de Gürtel, o caso Matas non hai por onde collelo. Todo o que se vén coñecendo da instrución do caso que leva adiante o xuíz José Castro, é unha mostra de como a parella formada por Jaume Matas e a súa dona, Maite Areal sufriu o chamado ´mal de altura´, facendo da política un negocio persoal.
É difícil de explicar que co soldo dun político, por moi mañosos e aforradores que sexan, poida dar para comprar palacetes no centro de Palma de Mallorca, ademais de tres piso de luxo, e manexar diñeiro negro como quen manexa calderilla.
Senón son quen de limpar o partido destes persoeiros corruptos mal lles vexo daquí en diante.
Anónimo -
EdB -
"Se va el caimán, se va el caimán, se va pá la barranquilla ... "
PP = PPartido Choricero