Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A HORA DE PASA-LA GORRA

A HORA DE PASA-LA GORRA

             A primeira vista as cousas parecen sinxelas; gañado o poder, faise un reparto do público, do de todos, entre quenes nos axudaron a chegar ó poder.

             Os negociantes eses parece que non eran doados de contentar. Nade atopaba explicacións pra que residencias da Terceira Idade, Centros de Día e Galescolas, rematados polo goberno bipartito, seguiran pechados. Houbo tres razóns: 1.- había mais garras que bens a repartir, 2.- os beneficiarios pretende que a Xunta lles entregue os centros perfectamente equipados, eles veñen a encherse os petos non a investir, o 3º punto, quizá o mais polémico, o personal pra prestar servicio nestes centros sería, segundo pretendía o PP, proposto polo alcalde. Xurdían   dous problemas:  onde o PP non goberna o alcalde non pinta nada, en segundo lugar algunha persoa proposta polos alcaldes non era adecuadas pro desempeño do posto, dito suavemente. 

             O importante é como facer un bo negocio sen poñer un patacón. Hai unha condición previa hai que ter feito méritos; non todo se acabou co Gürtel.

             Todo o vai explicar Feijoo. Tomade asento.

 

0 comentarios