NA VILA E CORTE
A mais das razóns que nos queiran dar, Feijoo ten unha querencia pola Vila e Corte, non perde a esperanza de que o chamen pra salvar España; foi alí a promociona-lo camiño de Santiago; dende alí, contrastando co silencio de Rajoy, amosouse partidario dunha investigación a fondo. O fondo debe ser pouco profundo, porque si fora consecuente co que dixo, comenzaría a investigación por si mesmo.
Feijoo mantivo, contra vento e marea, a Crespo de Vocal no Grupo de Portos Cando el era Conselleiro de Ordenación do Territorio.
Rueda era compañeiro, non sei en que grado, de Crespo.
O PP pagaba parte da campaña electoral con diñeiro negro procedente da trama, e eso parece que facía a Crespo moi querido.
Unha empresa d Gürtel, da que era presidenta a muller de Correa, participou en campañas do PPg.
Empresas de Gürtel Organizaban os actos multitudinarios do PPg.
A propia campaña electoral de Feijoo foi desenrolada por unha empresa de Gürtel.
Un total de oito empresas vinculadas a Gürtel recibían contratos da Xunta gobernada polo PP; non sei si en fraude ou non, simplemente é un dato.
Persoeiros como Romay, Rueda, Mª xesús Sainz e o meso Feijoo Estiveron moi ligados a Crespo.
Mirinda, Deputado Autonómico do PPg acusa Zapatero de mete-la man na ucha da Xunta; cando hai un problema doméstico, os dictadores e os políticos mediocres, sempre se inventan un inimigo esterno e cúlpano de tódolos males. Teñen morro, falan de baixa-los impostos, e logo quéixanse de que a política de reducción fiscal lles quita ingresos. ¿En que quedamos?. Hai que administrar mellor, menos corrupción, menos paparotadas, menos festas, menos fastuos e mais pais.
¿Son algunhas políticas da Xunta condicionadas pola rede corrupta, ou por outros acredores?.
Non sei si debe poñerse un límite de idade pra ter responsabilidades en política, quizá non, pero o bo sentido indícanos que hai postos, de especial responsabilidade, como é o caso do encargado de finanzas dun partido en que debe haber algún límite.
Posiblemente Romay esté en plenas facultade, do cal me alegro, pero cercano os oitenta anos non parece o momento ideal para controla-las finanzas do PP, aínda que o mellor é solo pra figurar, ou pra intentar votar terra sobre o a asunto.
Romay foi ministro de Aznar, cercano, por tanto o asunto, de feito, ensalzou a labor de Bárcenas; estivo na liña de Arenas, Cascos e mesmo de Aznar. Actualmente era o comisario de boas practicas do PP; é visto que non fixo ben a labor. Agora é o zorro do galiñeiro. Foi padriño político de Feijoo. A Feijoo entusiasmoulle o nomeamento.
O PP obstaculizou a investigacións do caso Gürtel, e cando se atopou desbordado recórreo á teoría da conspiración.
1 comentario
Vincios -