ANIVERSARIO
Os que non vivimos aquela data, compre que lembremos que o 14 de abril de 1931 proclamouse a segunda república. Sería unha data mais da historia de España, pero hai un motivo que nos obriga a recordar esta data. Os inimigos da liberdade, os herdeiros dos fascistas que sementaron de morte os campos de España están a punto de sentar no banquiño dos acusados a un xuíz que intentou abrir unha causa pra que os descendentes dos fusilados puideran recupera-los restos os seus ancestros e enterralos dignamente. Calquera ben nacido vería esto como o mais normal, pero hai quen non o entende así, hai quen pensa que España é súa e quere perpetua-la división ente vencedores e vencidos. A Acción do xuíz presentáronnola como unha acción pra abrir vellas feridas, cando o que se pretendía era pechalas. Alegaron que se pretendía xulga-los asasinos; cando a realidade quedan moi poucos daquela traxedia. Indirectamente, aínda que non se xulgue a persoas concretas, xulgaríase un réxime, e eso foi o que provocou esta lea. Algunhos como o PP. e algún xuíz, viron a oportunidade de arranxar contas particulares con Garzón e lanzáronse a por el. Provocando esta reacción universal de difícil prognóstico. De ai a actualidade desta data.
Pola miña parte, non pretendo unha lección de historia; solo un recordo os que deron a vida, sen violencia, con tolerancia e co soño da liberdade.
1 comentario
Leborán -
A cuestión do xuíz Garzón é tan soio unha máis, pero non debemos esquecer as presións sobre o TC ao respecto do Estatuto catalán.
Ao final os xuices e maxistrados semellan actuar como emisarios políticos...que afastado queda o ideal de independencia da xustiza en España. Unha pena de país!!!