Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FUNCIONAIROS NON NATOS

FUNCIONAIROS NON NATOS

 

          Algunhos créense que  tódolos servidores públicos teñen que servi-los seus intereses. Temos o exemplo da persecución polo PP ó xuíz Garzón  e as declaracións de Cospedal. Queren ós  

Corruptos  na rua  e os que cumpren  co seu traballo no  banquiño.

         A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística foi  creada polo bipartito co obxecto de poñer orde no caos urbanístico; no mesmo ano  de  creación executou mais de medio centenar de derribos, instruíu mais de dous mil expelentes de infracción. Os derribos tiñan que ser ordenados polos Tribunais Contenciosos. En toda a etapa do goberno do PP habíase executado un solo derribo. Os que se executaron baixo o réxime de Feijoo son, na súa maioría, execucións de sentencias por actas instruídas co  goberno anterior.

         Foi un proxecto do bipartito que pretendía que Axencia, a fin de evitar politizacións, funcionase ó marxe de interferencias políticas e baixo estrictos criterios técnicos; pra elo fíxose unha selección pública de persoal entre  profesionais do Dereito e de Arquitectura. A selección fíxose xa fai mais dun ano, pero os seleccionados aínda non foron nomeados. O réxime de Feijoo apurou en encher a Axencia de persoal procedente das mais dispares procedencias. Non sei si o requisito esencial foi a identidade ideolóxica,  pero a operatividade da Axencia caeu en picado. En paralelo reformou a operatividade da Axencia, e  agora os expedientes resólveos un órgano político. Non solo se reformou a estructura e competencias da Axencia, tamén se reformou o  ámbito normativo do urbanismo.

         Cousas do réxime.

 

3 comentarios

Groba -

Por partes: en primeiro lugar a desfeita da Dirección Xeral da Función Pública sendo adscrita a Facenda obedece ao interese de Feijoó de afastarlle unha fonte de problemas ao seu pretoriano maior: Sr.Rueda, porque este é un departamento que dende sempre se prestou a queimar a calquera dos Conselleiros que o tiñan baixo a súa responsabilidade.
Non debemos subestimar que se trata dunha acertada decisión do presidente, por canto o Sr.Rueda non ten nin remota idea do que un proceso selectivo con todas as garantías significa. Principalmente porque a súa condición de funcionario da administración local obedece a méritos pouco confesables, eso xa o sospeitamos moitos.
Os actuais dirixentes desta dirección xeral son unhos lambidos que non saben por onde andan, e aos resultados me remito.
Pensabamos que co goberno Fraga se vira de todo, pero pronto o superaron.
A, e non me quero esquecer do papel na sombra do actual director da EGAP, escuro personaxe que leva urdindo e manexando os fíos da administración galega dende hai polo menos 25 anos. Quenes o coñecen saben de quen falo.

Anónimo -

Pois si, débenlle gustar moito os mininos porque xa van varias fotografías gatunas simpáticas adornando este blog. Ainda me lembro daquel ben espanzurrado que colgou hai non moito.
Sobre a xestión dos procesos selectivos do presente goberno galego a palabra que millor a define é ESCÁNDALO con maiúsculas. Quedoume un pouco curto o artigo de hoxe para se referir a ela, porque o que está acontecendo tanto na Xunta como no SERGAS é de xulgado de garda. Incrible!!!

Antonio Grc -

Hoxe toca felicitar ao autor pola viñeta tan divertida que tivo a ben colgar no blog.
Que non decaia o bon gusto, si señor!!!