MORTE DIGNA E VIDA INDIGNA
De seu, a morte ten pouco de digna, pero aínda pode ser peor cando dende determinadas opcións ideolóxicas se pretende agravar ese tránsito pra facer del un momento de expiación espiritual. Tampouco a vida ten por que ser indigna, facendo dela un sendeiro pra acadar o transcendente e inescrutable destino divino.
Vendo a Lei de Andalucía que garantiza unha morte digna e prohibe o ensañamento cos doentes, prolongándolles artificialmente a vida con tratamentos custosos, degradantes e inútiles, que o único que lle proporcionan os doentes son sufrimentos. Do outro lado temos unha concepción da prolongación artificial da vida, sen reparar nos sufrimentos causados. Venme á memoria a persecución á que foi sometido o Dr Montes, polo simple feito de proporcionar alivio á dor dos moribundos; son eses dous exemplos de entende-la vida e a menciña, tan distantes na ideoloxía que nos transporta a aquelas da dúas españas.
Se a airexa defende a dignidade humana, gustaríame saber: Qué vida e qué dignidade humana defenden e cáles son eses parámetros. Quixera saber se pra airexa é vida a prolongación artificial do sufrimento, O normal sería rexeitar o inhumano, o retardo artificial do noso encontro con Deus.
É improbable que unha medida similar se aplique en Galicia, onde a piadosa Barjas xa introduzo na comisión de ética médica ó clero, dese xeito, non teremos garantida unha aplicación científica da medicina, pero temos seguro que acadaremos un anaco de ceo
0 comentarios