Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

INMORALIDADE

INMORALIDADE

 

 

           Mentres levamos mais dun trimestre en que a Consellería de Educación non libra ningún diñeiro pra paga-los provedores dos Comedores escolares, mentres se paga puntualmente campañas pra meternos como un supositorio con arameo de espino un Decreto que  é rexeitado maioritario pola Comunidade educativa e a sociedade civil.

            Cando a oposición lle recriminou que se estean pechando comedores e se  desatenda os que seguen abertos, Feijoo tirou de datos e dixo que neste curso se crearan 2500 prazas de comedor. Cando os pais teñen que manda-los fillos a escola cunha fiambrera, porque lle pecharon o comedor, comprendemos que algo non cuadra, que os datos dos comedores escolares poden ter o mesmo valor que os que da do paro.

           Os provedores dos Comedores Escolares son empresas privadas, que se xogan a  súa viabilidade,  corren  o perigo certo                   de ter que pechar e despedi-los empregados, todo por unha mala  administración dun goberno que se esquece de gobernar, mentres o presidente se prodiga polos platós  das televisións.

           É inmoral que se celebren as pompas dun ano de goberno, sen  reparar  en  gastos, mentres os escolares teñen que pasar cun bocadillo. É  inmoral que haxa cartos pra unha superfinanciación do ensino privado e teñamos que ve-las penurias dun ensino público; pero eses trapalleiros están aí pola gracia dos votos dos pais dos alumnos. Despois da que se armou, prometeron facer o libramento pronto. Temo que a situación se vaia a repetir no      futuro.

             Segundo Feijoo temos un gran avance económico, gracias ó cal, o paro medra a metade do que o facía co bipartito, e quedouse como se houbera dito unha verdade. Non por moito que se repita unha mentira se converterá en verdade, pero á xente éntranlle dubidas. Destrúense case unha centena de postos de trallo diarios, moitos pra un pais como o noso, e Feijoo gábase

2 comentarios

Refoxo -

Tal como está o panorama, andar de celebracións paréceme dun mal gusto tremendo. Maís lles valería poñerse a traballar e deixarse de facer de oposición da oposición.

Volvoreta -

Este é o programa que ía salvar a Galicia da crise económica. Lean un ano no goberno e non conseguiron botar adiante ningunha medida de calado para facerlle fronte. O único destacable é a supresión da gratuidade dos libros de texto e agora esta tristísima noticia dos comedores escolares á borde da quebra...non teñen nin para bocadillos.
Ao final estase a demostrar que Feijoo é todo fume.