Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

IGUALDADE OU COMPETITIVIDADE

IGUALDADE OU COMPETITIVIDADE

 

            O establecemento de unha política de falsa igualdade, esquecéndose de unha competitividade, que estimulara a superación persoal, é o legado que nos deixa Zapatero.

            Un dos seus grandes fracasos, a nivel europeo, foi que non aceptaran a súa política de igualdade. Os demais países ven a igualdade dentro da competitividade e que os mellores non sexan marxinados, sexa cal sexa o seu sexo ou condición, porque nunha sociedade  competitiva sería un suicidio prescindir dos mellores.

            Un Ministerio de Igualdade, na actual situación económica, expandindo o gasto, sen entrar sequera na idoneidade da titular, é unha extravagancia que non fai senón sobrecarga-los custos.

            As empresas privadas, vixiadas por esa policía da igualdade, están condicionadas na política de persoal; temen unha inspección de Facenda, da Seguridade Social ou de Traballo. Con todo a exclusión de contratos do sector público tamén pesa.

            As mesmas mulleres saen prexudicadas, porque non se valoran xustamente; así cando os cidadáns ven a unha muller nun posto directivo, pensan que é por ser muller, non polo que vale.

            Non se trata de ter floreiros en postos directivos, trátase de ser competitivos. Do contrario xa sabemos en que lugar nos colocara o mundo.

 

0 comentarios