Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CRIMINAIS

 

           Estou seguro que os que provocaron o incendio de  Fornelos non senten o mínimo remordemento por haberlles quitado a vida a dous mozos traballadores. En circunstancias normais, con xente normal, ese tráxico suceso houbera suposto que os incendiarios se tomaran unhas vacacións, que se dea unha inflexión na praga de lumes. Non sexamos optimistas; non apelemos á conciencia  de  quen non a  ten.

           É difícil pillar a estes delincuentes; os que non podemos equiparar co que prenden queimar uns restrollos, estes, como moito, son uns faltosos, incapaces de comprende-lo alcance dos seus actos.

           O lume é un negocio que move moitos cartos. Na parte visible, 6.000 persoas forman parte  das brigadas; pero é a parte escura onde se moven intereses pouco éticos, O goberno ten a obriga  de poñer tódolos medios pra  que os delicuentes, do sino que sexa, o teñan difícil.

           Sendo o anterior a premisa fundamental, no pode quedar en baleiro a actitude irresponsable do goberno da Xunta. Recordo que o Conselleiro de Medio Rural, dicía a comenzo da campaña , cando chovía, que por fin a Xunta tiña o mellor sistema contra lume coñecido, gabándose de esnaquizar a política do bipartito. Pronto o cuspe lle caeu  enriba, o tempo encargouse  da súa soberbia.

           O Portavoz Parlamentario do PP, facendo gala da súa estupidez, declarou que non  admitía leccións de nade en materia de apagalumes, menos da oposición.

           Non se chega a ningures facendo caso de ananos mentais, pero os lumes apáganse no inverno; é esencial unha política de prevención, a que o goberno de Feijoo rexeitou, e  mais vixilancia.

            Cando aquel verán tráxico do 2006, Feijoo cargou contra do Goberno, co gallo das vacacións. Nesta tráxica noite Feijoo estaba de copas, con todo o dereito, pero recollendo o sementado coas críticas que el fixera outrora, e recordando a Fraga, cando o do Prestige.

             Espero  que a oposición se porte mellor con el, que el o fixo coa oposición,  porque o patrimonio que arde é    de todos. Xa se encargaran os feitos de convencer a Feijoo que a arrogancia, a deconstrucción  e a chulería teñen un corto recorrido.

                 Os floridos discursos, as frases valeiras e a falla de compromiso co pais, coma a que dixo:”faremos unha investigación intensa hasta chegar ó fondo do asunto”, poden estar ben pra consumo interno, pero non amosan intención de mudar unha política pouco efectiva.

 

0 comentarios