Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AXITADORA E DEMAGOGA

AXITADORA E DEMAGOGA

        O PPg encargoulle a precampaña das municipais a Gloria Lago. Coa aplicación que lle caracteriza, non falo do seu traballo como profesional, que queda fora do tema, senón da súa paixón como axitadora política, centrará as soflamas nas grandes vilas, que é nas que o PPg ten postos os seu ollos. A batalla dos topónimos é solo un paso mais. Pros que se dominan bilingües, aberracións lingüísticas como Sangenjo ou  Niño de la Guía, son traducións correctas de Sanxenxo, ou Niño de Aguia; en lugar de San Ginés , ou Nido e Águila, como houbera traducido, non xa un filólogo, senón calquera persoa con nivel de   estudos primarios e un entendemento normal. Con isto saliéntase  que os títulos universitarios, si non va acompañados de cultura e intelixencia normal, son meros papeis que solo serven pra penduralos das paredes. Si a isto lle engadimos a demagoxia ó servizo de ideas  racistas e partidistas, a formación e a cultura sobran, e calquera aberración é xustificada como unha verdade incontrovertida.

        A autodenuncia, asinada por unha ducia de afíns ideolóxicos, intentando xustifica-lo acoso dende a Xunta o ensino do galego é, o mesmo tempo, outra estratexia deseñada por FAES, que non será a última, na liña da precampaña das autonómicas.

 

0 comentarios