CON RESIGNACION
Os que teñen a necesidade de acudir á sanidade saben que a espera pra que lles atendan pode ter dúas fases; na primeira, ó doente díselle que xa se lle chamarán; despois de meses de espera chámaselle pra darlle cita. Dese xeito, as listas de espera non son tan longas, porque solo se computa ó tempo dende que se da a cita. Este non é o peor escenario, o peor é cando non hai especialistas, que no rural soe ser frecuente. Vistas así as cousas, cabe a dúbida de saber pra onde camiña a sanidade pública. A Conselleira, como política do goberno, tenta potencia-la sanidade privada, de aí o abandono da sanidade pública, deteriorada, unhas veces con intención e outras por incompetencia.
0 comentarios