CALCULADAMENTE AMBIGUO
O PP, despois das moitos puros que Rajoy fumou na oposición, sen que o fume dos seus cigarros deixara ver o seu programa de goberno; presentou un programa, que non é un programa de goberno, senón un conxunto de intencións ocultas, que Rajoy quere elevar á categoría de programa, pedíndolle ós electores un auto de fe. No programa utilízanse eufemismos; así fálase de medidas liberalizadoras, non de privatizacións; fálase do aforro, referíndose ó capital; as concesións a empresas privadas chámalles colaboracións, etc. Nese nebuloso programa, Rajoy promete unha baixada de impostos, mantemento do gasto social e cumprimento da redución do déficit. É evidente de que esas promesas son contraditorias, que seía mais doada a cuadratura do círculo que leva-las a cabo. Poren as enquisas danlle uns resultados de vértigo. É comprensible que lle retiren a confianza ó PSOE, porque lles roubou as esperanzas a tódolos que depositaron as súas ilusións nel. Mais apoiar a un PP, que vai ás eleccións cun programa calculadamente ambiguo, con claras intencións de engano, resulta incomprensiva. Houbera sido lóxico, no caso e Galiza, un trabase de votos do PSOE ó BNG; pero a inexplicable lóxica electoral, semella ter outro discurso.
3 comentarios
Lorcho -
Hai que ter en conta que malia os anuncios iniciais do Goberno central de apostar por unha saída social á crise, o Goberno central asumiu sen matices un programa económico de dereitas, que tivo que enfrontarse á oposición e alternativas formuladas
desde unha óptica nacionalista e de esquerdas que representou o BNG.
Penso que ben marecen un respaldo o 20 de novembro próximo da cidadanía galega. ´
O que se sinta galego de verdade, claro. O que non supoño que terá mellores alternativas
Anónimo -
Enxoito -
Evidentemente, os mass media non axudan, tan só preocupados polo bipartidismo PP-PSOE.
Negro panorama para o nacionalismo galego o 20-N ao meu pesar.
Veremos...