Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CÁL É MAIS

CÁL É MAIS

 

   Atónitos asistimos a  unha carreira  entre  políticos  pra ver  que partido é mais corrupto. Hai argumentos que todos poden utilizar. Non me parece lóxico que o Partido Socialista de Andalucía non coñecera este caso de corrupción. Os superiores do corruptos son tamén culpables por non denuncialos antes; consentidores, encubridores. O daquela ministra, que accedeu ó cargo á temprana idade de 26 anos., con pouca experiencia e abelencias coñecidas, e menos bagaxe cultural. É algo tarde pra escandalizarse. Non menos me chama a atención os peperos que arman un monumental barullo con este caso, por moi chamativo que sexa; con el queren facer unha extensión a todo o Partido Socialista. Parece que mercaron coca con cartos públicos, tamén que se foron esmorga; pero que miren en Castellón, onde a noiva, ou o que sexa, de Fabra (que ten cinco sumarios pendentes), a nomearon vicepresidenta da Deputación, cun mísero salario de  5.000 eurillos ó mes; e así en tódolos lugares onde goberna o PP, incluída Galiza. Os corruptos, sexan do partido que sexan, teñen que estar no cárcere. Quedarían moitos chupes ceibes.

1 comentario

Bestelo -

A corrupción en España é algo endémico, mesmo da a sensación de que non ten arreglo, porque ainda que non nos guste admitilo, os políticos non son unha especie aparte do resto dos mortais (ainda que as veces semellen ser doutro planeta), senon que son fiel reflexo da sociedade que din representar.
Temos este tipo de parasitos porque a picaresca campa as suas anchas por toda pel de toro. Non nos enganemos, aquí defrauda e engana todo o mundo: dende o currito autónomo que traballa o doble do que declara, o funcionario que incumpre xornada laboral e abusa de baixas, algúns pensionistas que cobran pensión e nunca deron pau ao aire, o empresario que mamonea cas subvencións e os despidos, os sindicatos que zanganean e reparten cursos de formación a quen queren...e así ata o infinito.
O raro non é que haxa corrupción na política, para min o raro é que o chiringuito se sosteña por tanto tempo e non termine de reventar, como xa pasou en Grecia.
País!!