O MAGO DAS FINANZAS
Montoro, o que figuraba como o mago das finanzas do PP comparece no Congreso. El foi a quen elixiron pra comparecer no Congreso, non solo polo seu parecido co Yoda, senón por ese vago aspecto de mago e porque se mantén serio, cando di que descoñecía o déficit. A falta de Presidente do Goberno, que si de verdade existe, non se ve por ningures, comparece Montoro. Sometíase a convalidación o RD polo que se adoptaron a suba de varios impostos. Concorrían dúas cousas que precisaban explicación; o PP prometera non subi-los impostos, contradicindo o seu programa subiunos; subiron o impostos ás clases medias e baixas. O corte establecéronno en 53.000 euros de salario ó ano. Parece que todos, menos o PP, sabían que había que subi-los impostos . Incluso as Axencias de Calificación presumían un déficit maior. O PP xa dixera que o déficit ía ser maior. Iles sabíano ben, tiñan datos que o goberno ignoraba; porque as CCAA, gobernadas, na súa maioría polo PP, mentíanlle ó Goberno. Así as cousas, a culpa da suba de impostos, facendo recaer o esforzo sobre os mais febles, é do malvado PSOE e do xudaísmo internacional, que senten envexa da católica España de Rouco.
0 comentarios