DOS DERRADEIROS ESLAVONS
Non foi o eslavón perdido entre o home é o mono; pero si foi o último eslavón perdido entre o franquismo e a democracia. Falar de Fraga como un gran demócrata sería facerlle a última burla. Fraga er un home que non entendía a vida sen poder. De aí, a súa adaptabilidade á democracia. Si houbera que definilo cunha soa palabra sería “temperamento”. A prolongada permanencia no poder, fixo del un ególatra; quería deixar unha pegada , que lles recordara ás xeracións vindeiras o seu paso polo poder. Franco xa tiña “o valle de los caidos”. Os aduladores inventáronlle a Cidade da cultura. Un monstro come cartos, sen proxecto definido, que o glorificaría na historia.
0 comentarios