VERTEBRACIÓN
.
España con 17 gobernos, ten xeitos de gobernar que se contrapoñen, e mesmo se opoñen entre si, e entre os gobernos autonómicos e o Goberno Central, sen outra motivación que manter unha parcela pra colocar lealdades, e dende alí, socava-lo goberno do Estado pra alcanza-lo poder. O café pra todos, demostrou que solo é unha maneira de despilfarro e desorganización. A creación artificial de autonomías, lonxe de constituír un elemento equilibrador da organización do Estado, pon de manifesto a súa inutilidade e a súa nocividade pro conxunto do estado. Pasado o experimento e hora de poñer un novo rumbo e que solo aquelas CCAA que teñan xustificada a súa razón de ser continúen como tales; doutra, o establecemento dun estado federal, debidamente vertebrado, é a única opción.
O problema é qué solución se lle da a territorios, como Galicia, ocupados por gobernos, que en lugar de gobernar, usan as súas enerxías e medios en aliena-la poboación. A cuestión galega ten unha difícil solución, especialmente si temos en conta as xeracións xa perdidas, que ven no propio, por obra do complexo de inferioridade que lle inculcaron, unha eiva do seu. A cousa xa raia o ridículo cando vemos a unha parella que entre si fala galego, pero que lle fala en castelán a un animal de compañía que teñen. Dentro da propia CCAA os que gobernan a Xunta non planifican as comunicacións, nin as obras públicas co obxecto de vertebra-lo pais, senón atendendo a criterios de puro clientelismo político.
1 comentario
Lorcho -
Cousas do bilingüísmo armónico do recientemente finado.