DARLLE ÓS SEUS
Feijoo perdóalle unha multa de tres millóns de euros a un compañeiro de partido”. Así o dixo no debate dunha interpelación do PSOE no Parlameto do Hórreo. sobre o sobresemento, por parte da Xunta, da multa contra Construcuatro, empresa do deputado do PP Telmo Martín, en novembro de 2011. A multa pola construción dun inmoble de vivendas invadindo o espazo marítimo – terrestre na praia de Silgar, en Sanxenxo, fora ratificada polo Tribunal Supremo, que impoñía a multa e a reposición da legalidade urbanística. Reclamou por este motivo que “cando menos sigan adiante coa parte do expediente que ten que ver coa reposición da legalidade”. Malia contar con sentenzas en contra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo, a Xunta de Feijoo “aparece perdoándolle unha multa de 3 millóns de euros a un compañeiro de partido” Logo non hai cartos pra construí-lo hospital de Vigo, nin pra dependencia e outros gastos sociais . Isto é solo un caso mais do reparto do público. Non se descubriría nada novo si dixéramos que Feijoo está repartindo todo o patrimonio da Xunta entre o PP e achegados, pero este caso xa é de unha corrupción insoportable. Non comprendo como alguén non leva o caso a xustiza, aínda que dirán que fe nada sirve
0 comentarios