PRIVATIZANDO A SANIDADE
Non se pretende mellora-lo servizo da sanidade coas privatizacións que fan os fachas. Pra mostra chéganos o exemplo da sandade nos EU, na Inglaterra de Margaret Thatcher, nos Hospitais das Fundacións da época Fraga, na privatización do hospital do Centro Galego de Bos Aires; nas privatizacións da CA de Madrid, que houbo que inxectarlles diñeiro; na privatización da construcción do hospital de Vigo, mais pequeno que o proxectado inicialmente e cun custo tres veces superior. A verdade é que non pretenden mellora-la xestión, senón repartirse o negocio. Feijoo non pretende solo acabar coa sanidade pública, o quere desprestixiala primeitro non cubre as vacantes de persoal, polo que o traballo realizase por menos xente, empeorando a calidade do servizo. As listas de espera, que xa son de pesadelo, malia ise invento de crear dúas listas, estructurales e non estructurales. A finalidade do invento e facer desaparecer da lista de espera a doentes que non os atenden no servizo de saude
0 comentarios