Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿NON HABERÍA OUTRO?

 

  Non habería outro en España pra ministro  de Defensa que Morenés, expresidente dunha empresa de armamento que fabricaba, entre outros artiluxios, as bombas de racimo que España prohibiu. O PP nomeouno Ministro de Defensa. Entre outros acordos que propiciou: pago prioritario das débedas contraídas con empresas de armamento pro que incrementaron os orzamentos de defensa  cando todos e recortaba; pero a guinda é a indemnización con 40 millóns de euros, por lucro cesante, á empresa fabricante  das bombas de racimo, da que procedía. Pra que non surxira ningunha eiva legal, idearon vender unha suposta débeda a outra empresa, que sería a que recibiría a indemnización. Estes peperos son a hostia de astutos.

0 comentarios