Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN SOLO CONDENADO

UN SOLO CONDENADO

 

  Da trama GÜRTEL, e doutros escándalos de corrupción, solo hai un condenado: o xuíz Garzón, que foi expulsado da carreira xudicial por comete-lo terrible delito de intentar investiga-lo caso Gúrtel. Os implicados o saben, nos tamén o sabemos, ningún político corrupto irá á cadea. En contados casos os sentaran no banco dos acusados. Pra mostra temos o caso de Fabras, que non solo dilata o seu procesamento, se non que ten colocada a toda a familia, entreles a súa insuperable filla e xenro,  e achegados. Dento dos obstáculos que o goberno pon a investigación está en que  sexa a Fiscalía  a que leve as investigacións, así, co control que ten da Fiscalía pode controla-la a investigación e orientala interesadamente.

0 comentarios