NON CHEGA UN CESE
No actual momento político non se arranxan as cousas co cese de Rajoy. Non é cuestión de que das filas do partido se saque un candidato, que vai ter a mesma folla de ruta e os condicionantes que ten Rajoy. O PP é unha cloaca, onde todo está enmerdado. O PP é unha mafia, o mais puro estilo tradicional, e a ormentá dos seus membros fai imposible que se coñeza o verdadeiro entramado corrupto. A prensa estranxeira segue asombrada o nivel de corrupción que hai en España . como esa mesma prensa admite, nada se arranxaría cunhas novas eleccións, porque os candidatos podían estar contaminados, pero os electores son o principal problema, porque son eles os que dan o seu apoio os corruptos, semella que teñen unha predisposición apoiar ós corruptos. Non se pode vota-las culpas solo ás campañas de desinformación. Lévamos anos de admiti-la corrupción como mérito, cun transito, sen rotura, da ditadura á democracia. Vivimos nos mesmos valores da era franquista, co mesmo sistema, tanto de valores, como dos que depuran as condutas. Da a impresión de que somos un país de come merdas, e non vemos mal a merda e a corrupción.
0 comentarios