Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TEMPO DE HABILIDADES

 

Un home coñeceu unha fermosa muller e decidiu casar con ela.
Ela dille:
- Pero, non sabemos nada o un do outro!
E el responde:
- Non é problema, irémonos coñecendo co tempo.
Ela accedeu.
Casáronse e fóronse de lúa de mel a un luxoso hotel.
Unha mañá, estaban tombados xunto á piscina cando el se levantou, subiu a un trampolín de 10 metros, realizou unha perfecta demostración, de todos os saltos que existen e logo volveu xunto á súa esposa.
Ela dille: - Foi incrible!
E el responde:
- Fun campión olímpico de saltos de trampolín.
Xa che dixen que nos coñeceriamos co tempo.
Nisto ela levántase, entra na piscina e empeza a nadar, ida e volta a unha velocidade impresionante.
Despois de 30 voltas, sae da auga e tómbase xunto ao marido.
El di:
- Estou sorprendido! Fuches nadadora olímpica ?
E ela contesta:
- Non. Puta en Venecia e atendía a domicilio...      

0 comentarios