Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

POR SABER

POR SABER  O extesoureiro do PP, Luis Bärcenas "O Cabrón" entrega ó Xuíz Ruz información na que afirma que Pescanova era o maior doador de diñeiro de forma presuntamente ilegal para campañas políticas do PPdeG, que á súa vez, unha vez no goberno da Xunta de Galicia regala o diñeiro público en forma de subvencións a fondo perdido a mans cheas.... A Plataforma en defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia insta ós partidos políticos da oposición en Galicia a que pidan de inmediato a dimisión do Goberno de Feijóo e a apertura urxente dunha Comisión de Investigación baixo os acontecementos coñecidos de presunta corrupción para acceder ó goberno de Galicia. As carpetas de Luis Bárcenas están a poñer as verdadeiras xestións do Partido popular de Galicia ó descuberto no que se está facendo co diñeiro que non lles pertence e que é de todos os galegos. O mesmo pasou coa VOZ, que xa leva sete millóns e medo de euros de subvencións, dende  que goberna Feijoo. Cousa común a tódalas empresas doadoras do PP. Os cartos que dan en doazóns sonlles reembolsados con creces, en forma    de subvencións, contratos,   etc..  Sería bo que Feijoo que Feijoo aclarara as doazóns  pra campaña do PPg e a relación preocupante con algunha xente, pera sería inxenuo esperar fixese

1 comentario

Lercho -

Eu non sei se Feijoo ten relación directa coa financiación ilegal do PPdeG, ou se tiña xa responsabilidades directas no partido no tempo en que Crespo campaba ás súas anchas pola sede da Nécora. O caso é que agora vaille estallar nas súas mans ben de cheo...e non serei eu quen teña pena diso, abofé!!