Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O TRIO

O TRIO Floriano, Hernando e Pons, o trío de voceiros, ou vocazas, do PP dáselles moi ben o oficio; pois non fan mais que vociferar, sen reparalas paridas que din. Di o voceiro Hernando que non condenan as NG peperas por exhibir signos franquistas e facer saúdos fascistas, porque o PSOE non condena a exhibición da bandeira republicana. Tres causas chegan pra desmontar os argumentos dre Hernando. As xuventudes socialistas, como pertecentes ó PSOE, que acatou os símbolos monárquicos, incluída a bandeira, nada teñen que ver cos republicanos, a bandeira republicana está lexitimada democraticamente polo pobo español, e así o recoñeceu unha sentencia xudicial, os símbolos  franquistas e os saúdos fascistas, ademais de ter orixe na deslixitimación democrática e nunha rebelión militar, unha felonía, aséntanse sobre mais dun millón de mortos e de milleiros de represaliados e exiliados, a bandeira republicana ten o ríspeto e o recoñecemento das democracias do mundo, cousa que non se pode dicir da franquista.  A bandeira republicana é símbolo de liberdade e dignidade, a do franquismo é símbolo de terror e intolerancia

0 comentarios