UNA VELLA HISTORIA
O actual presidente da Deputación de Pontevedra, militante do PP e antigaleguista acérrimo, ven da canteira de militantes peperos de Ribadumia, ese lugar no que Rajoy pasou uns días de vacacións. O Presidente da Deputación de Pontevedra era porteiro no axuntamento de Ribadumia, antes de trepar ó posto de Presidente da Deputación. Dende o posto de porteiro do axuntamento de Ribadumia a súa fulgurante carreira política, vai ligada a influencia do seu valedor e amigo NENE, que foi alcalde do PP do axuntamento de Ribadumia. Ribadumia é unha destacada canteira de políticos populares. O actual Senador: Telmo Martín, iniciou a súa carreira como fontaneiro, foi de éxito en éxito. Socio de construcuatro, sobre a que pesaba unha sanción do goberno bipartito da Xunta, pero que logo o acceder a Xunta o PP, o expediente foi sobresido. Construatro é unha empresa en auxe; a súa estrela ía a brillar mais coa construción e urbanización do entorno dun novo hospital pra Pontevedra, aínda que o atasco na construción do de Vigo, terminou afectando a un proxecto, no que o Axuntamento capitalino, gobernado polo BNG, e a Deputación e Xunta, gobernadas polo PP, manteñen posicións encontradas. Volvendo , de pasada, ó asunto do exalcalde do PP, que atópase sumido nun proceso xudicial por contrabando e branqueo, que se espera termine prescribindo.
0 comentarios