MANOS LIPIAS UÑAS LARGAS
El líder de Manos Limpias militou en partidos de Ultradereita, con escaso éxito electoral; porque o PP xogaba nese campo, o que o levouno a inventarse un sindicato, que apenas tiña militantes e carecía de recursos económicos; pero a necesidade aviva o inxenio e dedicouse a interpoñer querelas, algunhas con carga ideolóxica, pero a maioría pra extorsionar e obter diñeiro. Pro nome inspirouse nunha organización italiana similar. Despois de un inicio prometedor uníuselle Ausbanc, e as denuncias ampliaron o campo. En Galicia Manos Limpias foi coñecido especialmente pola denuncia presentada en xaneiro 2003 contra Nunca Máis. A organización denunciou a plataforma social por presuntos delitos de estafa e apropiación indebida, unha demanda que foi inmediatamente tramitada (en tres días), polo daquela fiscal xeral do Estado, Jesús Cardenal. Pola contra, as denuncias por delito ecolóxico contra Jaume Matas e Francisco Álvarez Cascos que neses días (dous meses despois do afundimento do Prestige, tiveran que agardar tres semanas e unha semana, respectivamente, para ser tramitadas pola Fiscalía, o que poñía en evidencia o fondo ideolóxico. A querela foi arquivada, logo de tres penosos anos, como a maioría das súas querelas, por falta de base. Nalgúns casos retirouna, logo de chegar a acordos cos demandados.
0 comentarios