Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

VERGONZA ALLEA

VERGONZA ALLEA

 

  

   Felipe González usou todo pra ocultar a súa verdadeira biografía e crearse unha mais comercial. Hoxe os historiadores descubriron que Felipe González sempre actuou así, e foi home de unha moralidade lasa. Axente da CIA que usou os servizos secretos de Carrero Branco, man dereita de Franco, para procurarse a loxística e para poder acudir, aparentemente, clandestinamente o congreso de Suresnes que derribou ós históricos socialistas pouco amigos dos EEUU. Á ida, ninguén lle pediu o pasaporte, que tiña requisado, e á volta ninguén lle encarcerou, pois só foi retido unhas horas para gardar as formas. Usou a familia da súa noiva, logo esposa, á que repudiou cando enfermou pra cambiala por xóvenes de bo ver.  O  pai de Carme Romero era coronel médico que atendía a Carrero Blanco e usou eses contactos pras súas manobras políticas. Todos eses datos ocúltanse, igual que a súa vida licenciosa e de opulencia.

0 comentarios