Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

CANTADO

 

  Coa finalidade de bombardear Siria, barcos Estadounidenses saíron de Rota, fai días, por suposto, moito antes do bombardeo con gas. O do bombardeo era solo unha escusa, banal pero cruel, tiñan que  buscar unha  escusa, polo que o  bombardeo  con gas foi unha acción deles, ou de Israel. Os sirios non teñen armas químicas, segundo  verificadores internacionais, pero EEUU non precisaba probas, nin comprobacións, a verdade xa a sabían antes de producirse os feitos

MOURIÑADA

 

    O presidente, e accionita maioritario do Celta chantaxea ó concello de Vigo e ameaza con levar ó club  de Vigo, se non lle regalan Balaidos. Como cidadán paréceme inadmisible  a chantaxe pra dar un pelotazo urbanístico, como seareiro do Celta entristéceme que o único que lle importe é o diñeiro doado, e o club sexa solo un instrumento

O IMPERIO DO MAL

 

- Un hacker dos Estados Unidos, subiu ao seu sitio web http://pastebin.com/zeXpsRnh, os detalles dunha conversación entre Anthony Jamie MacDonald, director xeral de Persoal da oficina de Operacións e Plans do Xefe Achego do Estado Maior de Intelixencia do Exército e a súa esposa sobre os feitos en Siria onde ao parecer, se externa que foron obra do Pentágono.

O pirata informático dixo que logrou acceder á información persoal do coronel mesma que se pode ver no portal www.pastebin.com e que pon en cuestión os alegatos americanos de que o ataque químico foi obra do goberno sirio.

Nun correo que aparece na páxina, o coronel Anthony envía unha mensaxe a Eugene Furst, a quen felicita pola ?exitosa operación? e achega o enlace do ataque químico aparecido no Washington Post do 21 de agosto pasado.

Ademais menciónase a correspondencia entre Jennifer, a esposa do coronel MacDonald cun amiga súa que confesa que non pode deixar de pensar nos nenos que faleceron nese ?terrible ataque con gas? en Siria e afirma: ?Eu tamén me asustei. Pero Tony (Anthony) consoloume. Dixo que os nenos non resultaron feridos, foi feito para as cámaras (medios). Así que non che preocupes querida miña?, contesta Jennifer.

Aínda que a versión do hacker está aínda en dúbida, cabo destacar que as informacións sobre o número de mortos no ataque son contradictorias porque mentres Estados Unidos asegura que son mil 426 mortes, Rusia asegura que se trata de 500 e Francia di que son 281

O MORTO

 

   Deran por morto a Pedro Sánchez, pero resucitou transformado nun radical, que asusta ós baróns e entusiasma ás bases. Puño en alto, pon o exemplo de Portugal, e a banca e os empresarios miran pros baróns
  O personalismo é inevitable nunhas primarias, pero o máis importante é que resta poder aos baróns, e por iso hai tantos dirixentes socialistas que maldín o día en que as primarias se converteron no método irrenunciable para elixir ó líder. Era máis sinxelo antes cando cada dirixente rexional poñía sobre a mesa as súas avales e negociaba o poder que obterían a cambio el e a súa federación. Tantos postos na Executiva, tantas carteiras no Goberno.
  Agora hai que deixalo todo á decisión dos militantes. E si se deixan levar polos seus sentimentos, ou as súas preferencias persoais? E si se déixan arrastrar polas súas IDEAS no canto de votar o que ditan os que din que o PSOE debe ser o PSOE e non hai máis que falar?

APM

APM

 

   Pra  que sirve a APM. Nun principio, debía ser a modo de enganche, tiña un carácter asistencial, pero o mais importante era, e é, ser  un instrumento de control político, o que era moi típico do réxime. As súas actuacións actuais, facendo a vista gorda, cando non o apoio de censura, ou de despedimento de periodistas de determinados medios pola súa suposta ideoloxía , ou a publicación de información incómoda, pra personaxes. Chega recordar a información do PP cos narcos, caso Rajoy. A acusación da APM, sen probas, incomodou a moitos profesionais. Os modos e as persoas implicadas é proba de que o franquismo sigue aí  

Aquelarre

Aquelarre

 

  A APM. Acusa a PODEMOS  de coacciona-la prensa. Pra facerse unha idea da lea, a APM está dominada por periodistas  vinculados ó franquismo; cando os periodistas de TVE denunciaron a censura do PP, nin se lles escoitou. Non foron as sentencias condenatorias a Eduardo Inda o que orixinou o problema Foi unha subvención de 8.600.000 euros que Cifuentes ía dar á APM,  á que se opuxo PODEMOS a verdadeira orixe da cuestión.  A indignación do PP e da RAZÓN quitou calquera dúbida  sobre o fondo ideolóxico

ALGUÉN O DUBIDABA?

 


   Profusas probas que presuntamente acreditan o financiamento ilegal do PP de Madrid desde 2004 e que salpica a gran parte da anterior cúpula do partido, segundo fontes xurídicas. Trátase de documentación confidencial requisada polo xuíz en casa do exgerente do PP madrileño Beltrán Gutiérrez e que destapa a caixa B coa que os populares madrileños sufragaron nos últimos lustros campañas electorais e actos do partido. E, segundo despréndese das pesquisas, fixérono, entre outras canles delituosas, a través de Fundescam, a fundación que creou o PP en época da expresidenta Esperanza Aguirre

 

EN SOSPEITA

  As cifras contables dos diferentes  parámetros da economía española, que o goberno manda a Bruxelas poderían ser falsas e ter a mesa guisa que as que, no seu día, facilitaba Grecia. O  PIB real de España é inferior ás cifras divulgadas, unha posibilidade que vén especulándose desde fai anos e que responde á necesidade de non reflectir a realidade da economía española. Así fai xa tempo que o PP lanzou unha campaña dando por feita a recuperación, e esa campaña foi comprada pola maioría dos medios de comunicación. Cando se fai balance da reforma laboral,  partese desta campaña coma se fose un axioma que, polo tanto, non precisa demostración. De pouco vale que trimestre a trimestre os datos de horas traballadas sigan sendo inferiores ós existentes no mesmo trimestre de 2011. Tampouco que a EPA ou as contas trimestrais anteriors. Os grandes medios de comunicación deste país compraron a recuperación e aí está.  As cifras de recadación son alarmantemente baixas, mentres o goberno segue a baixar impostos ós ricos


DE SEMPRE

 

  As vellas doutrinas sinalan que só se gasta en defensa e armamento cando se ten ingresos, si xorde a necesidade ou en ambas circunstancias. Como non se dan ultimamente ningunha destas circunstancias, a industria militar creou conflitos rexionais, que lle permitiran seguir co seu xugoso negocio  De aí a proliferación de conflitos en Oriente Medio, en especial o xurdimento do Estado Islámico, sen esquecer Iraq e as primaveras árabes. A   crise de Ucraína, que involucra a toda Europa, na que España aporta dende carros de combate, tropas, avións e barcos. Un desmelenado Trump subiu o orzamento de defensa en cincuenta mil millóns de dólares, que haberá que sacar de gastos sociais, o mesmo que están a facer os seus socios. Vivimos nun mundo de sociópatas

 

O PACTO DAS LENTELLAS

O PACTO DAS LENTELLAS

 

   O PP nunca pensou en cumpri-lo pacto con CIUDADANOS. Pro PP foi sinxelamente un trámite pra consegui-lo poder. O contrario implicaría darlle protagonismo e poder de decisión a CIUDANOS, algo que non lle convén.  Ou renunciar ó seu ADN, que é a corrupción. O órdago que CIUDADANOS lanzou en Murcia si lle sae ben, ó PP obrigaralle a tomalos en serio

TERRA DE BENDICIÓN

 A primeira causa de morte en  Galiza é o suicidio. Pero ademais, dobra en  número de mortes a que lle sigue. Hai un ocultismo dos suicidios, e fálase deles como causas esternos de morte; evítase nomealos. A forma mais común é o aforcamento e están ocasionados por dificultades da vida. As estatísticas son moi distintas do resto de España. Sobre as causas, seguro que Feijoo ten a resposta. Si el non ten nada que ver, seguro que nos lo dirá

 

TAMBORES DE GUERRA

 

    Rajoy chamou a Trump, pra renderlle pleitesía e ofrecerse pra defendelos intereses americanos en Iberoamérica, en Europa, ou onde fora menester. Nin caso lle fixo. Cando non pode defende-los de España. O mellor é que tampouco lle importa. Mandou seis carros de combate e trescentos homes a acosar ó tigre ruso, ó estilo Aznar

 

A ESPAÑA INCRIBLE

A ESPAÑA INCRIBLE

 

 As sentencias por corrupción, a remuda de fiscais, o control de xuíces, a perda de valores, parecen feitos de hoxe, pero a  situación actual non é máis que a recolección do froito venenoso que políticos como Felipe González e Aznar sementaron durante os seus gobernos e a falsa transición modélica que venderon ós  españois e que moitos mercaron.  Ademais de Franco, os mencionados foron os mais inimigos da esquerda e da xustiza social. Agora, Rajoy non é mais que a culminación do exterminio  

O PROFESIONAL

O PROFESIONAL

 

  O profesional molesta; a certos círculos do poder irrítanlles os profesionais independentes, ós que pensan e no son compracentes co poder. Fai pouco, o Presidente de Murcia tivo unha entrevista co Ministro de Xustiza. Resultado, o Fiscal Xefe de Murcia foi cesado, e con el tódolos fiscais que meten as narices en casos de corrupción. España é un dos países mais corruptos do mundo, e a xuízo do PP deberá seguir sendo. O Fiscal Xeral de Murcia, cesado, denuncou en público que sufriu intimidacións, igual que moitos dos seus compañeiros. Ós Fiscais de Murcia non se nos fixo a vida especialmente  agradable, antes de expor que a outro compañeiro entráronlle na súa vivenda en dúas ocasións para levar información sensible. Só levaron o seu computador. Nin sequera algo de diñeiro para disimular. Non pode ser que ao final os perseguidos sexamos os fiscais por diante dos corruptos. Dixo López Bernal  que en caso de non combater este problema, nuns anos podería darse o caso de que ninguén se mostrase disposto a loitar contra a corrupción.

INCERTEZA

INCERTEZA

 O risco de pobreza en España está moi por encima das cifras que se atopou Rajoy á súa chegada á Moncloa. Nin sequera ter traballo é garantía pra non caer na pobreza. As reformas laborais de Rajoy crearon un abismo dentro da sociedade. Os niveis de diferenza de renda, sempre superiores á media europea, son especialmente elevados no caso dos nenos e das persoas en idade de traballar: Bruxelas destaca o risco de que en España se instalen taxas de pobreza notables ata entre quen teñen emprego. Pero o goberno é xordo e cego; confía na propaganda pra ter anestesiada á sociedade. O paro entre os xóvenes e os maiores de 45 anos é elevadísimo, pero as escasas aportacións a SS de moitos traballadores crea incrteza sobre o futuro das pensión

TRONCO VELLO

Os parasitos chucharon Europa por séculos converténdoa nun tronco seco e vello, e agora pese o xurdimento dunha organización supranacional, o mantemento das vellas nacións cos seus esquemas decimonónicos, segue a paralizar o continente.

A conservación das monarquías nas xefaturas de Estado son boa mostra desta parálise institucional. Vimos de asistir á sentenza da irmá do monarca español, o que, lonxe de constituír un feito illado, non é máis que o reflexo dun sistema agoniante.

 As castes dominantes teñen bo acougo neste sistema corrompido, son os menos interesados en airear as institucións. As grandes corporacións e os mas media poñen da súa parte para o mantemente do status quo, creando un matrix artificial para ter ós cidadáns alienados, dándolles pequenas lambetadas que lles permitan telos controlados. Fútbol, toros e revistas do corazón. Panem et circenses.

IGUAL

   

   As sentencias son igual pra todos- o malo é que a xustiza empéñase en demostrar que iso non é verdade. Pra mostra as ilustres ignorantes.

 

AXITADOR

 

  O Gobernador do Banco de España, convén recordar que era do equipo de Ordoñez, propón que a xente se faga seguros privados de xubilación . Problema imposible pra quen non chega a fin de mes, ou non ten traballo. Resulta ofensivo que quen gaña 184.000 euros dar leccións de austeridade a quen non ten pra comer. Parece claro que a súa intención é provocar. Si a súa función é a vixiancia das Entidades financeiras, qué fai en cuestións de política social  

O CAPO

 

   A xustiza é lenta, e pode que non tan ríxida como sería de desexar pra aqueles delitos de elites. É como si o esencial fora o delicuente e non o delito cometido. Poucos entenden de que uns vellos, con fame, que escondan unha lata de anchoas nun supermercado teñan mais castigo que os que rouban millóns de diñeiro público.  A razón pode ser que o público se considere sen dono, cando todos somos donos. A seguridade de algúns destes delicuentes de que son intocables resulta insoportable. Algúns xuíces, xogándose a carreira van con contagotas a por estes personaxes. ¿Algún irá polo capo?

 

PETULANTE

 

 

  Ordoñez foille  imposto a Zapatero como Gobernador do Banco de España. Nunca cumpriu a súas funcións pra contro-la banca. A quebra do sistema financeiro foi culpa súa. Si houbera cumprido o seu cometido con dilixencia, as cousas serían distintas. Considerábase intocable. O que mais destaca do seu mandato era a exixencia a Zapatero de recortes laborais  e sociais. Seguro  que a investigación xudicial incomódalle, pero non lle preocupa